O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores deulle a benvida esta tarde aos participantes no Campionato do mundo de Loitas Olímpicas que acollerá o Pavillón Municipal até a vindeira semana. Indicoulles que Pontevedra “é a cidade do deporte” e conta cunha gran experiencia en acoller a grandes competicións deportivas.
Lembrou que no ano 2024, Pontevedra acollerá o Campionato do mundo Junior de Loita, e non desbotou que en vindeiros anos volvese a optar a un campionato de Europa ou, incluso, un campionato do mundo.
O alcalde deulle as grazas á Federación internacional por apostar por Pontevedra e as federacións española e galega pola colaboración para que este mundial sexa unha realidade.
Desexou a todos os participantes que estean a gusto na cidade e que compitan ao máis alto nivel.



