HomePontevedraA ParadantaInauguración oficial do Belén Municipal de Arbo 2025

Inauguración oficial do Belén Municipal de Arbo 2025

- Anuncio -spot_img
  • A exposición poderá visitarse de martes a sábado, en horario de 8.00 a 14.00 horas ou mediante cita previa, contactando cos teléfonos 630 07 05 14 (Loly Rodríguez) e 679 28 32 03 (José Mariño).

O Concello de Arbo celebrou o pasado sábado 6 de decembro a inauguración oficial do Belén Municipal, un evento que marca o inicio das festividades do Nadal na localidade e que este ano alcanza a súa segunda edición, consolidándose como unha cita destacada dentro do programa cultural do municipio.

O Belén, que estrea novo escenario e conta cun maior número de pezas, estará instalado durante todo o Nadal no Mercado Municipal, un espazo que se transforma estes días nun punto de encontro para veciños e visitantes. A exposición poderá visitarse de martes a sábado, en horario de 8.00 a 14.00 horas. Así mesmo, aquelas persoas que desexen achegarse fóra do horario establecido poderán facelo mediante cita previa, contactando cos teléfonos 630 07 05 14 (Loly Rodríguez) e 679 28 32 03 (José Mariño).

Durante o acto inaugural, que reuniu a numeroso público, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, subliñou o significado desta iniciativa para a comunidade: “O noso Belén Municipal é moito máis que unha montaxe artística; é un símbolo vivo das nosas raíces, da nosa identidade e da nosa maneira de celebrar o Nadal. Con esta segunda edición reforzamos o compromiso do Concello de Arbo por manter vivas as tradicións que nos unen como pobo. Quero agradecer especialmente o traballo, a creatividade e a dedicación de José Mariño, que cada ano pon alma e ilusión nesta obra que todos podemos gozar.”

O acto finalizou cun brinde ofrecido cos espumosos das adegas de Arbo, poñendo en valor tamén a tradición vitivinícola local.

UN BELÉN CON FIRMA ARBENSE

O Belén Municipal de Arbo foi deseñado e elaborado polo veciño da parroquia de Sela, José Mariño, cuxa paixón por estas representacións levouno a dedicar anos á recompilación de pezas e a perfeccionar a súa montaxe. O seu talento foi recoñecido en diversas ocasións, destacando o Primeiro Premio no Concurso de Decoración de Nadal do Concello de Arbo.

A súa implicación e sensibilidade artística permitiron configurar un Belén que crece cada ano e que se converteu xa nun elemento imprescindible do Nadal arbense.

 

O Concello de Arbo convida a todas as persoas a visitar este Belén Municipal, que constitúe unha homenaxe á tradición, a artesanía e o espírito do Nadal que caracteriza á comunidade. A exposición permanecerá aberta durante todas as festas, ofrecendo a maiores e pequenos unha oportunidade única para gozar da creatividade, o traballo veciñal e o valor cultural dunha das tradicións máis arraigadas do municipio.

O rexedor Horacio Gil,  destacou ademais a importancia de xerar espazos de encontro e de fomentar a participación veciñal nunhas datas especialmente emotivas: “O Nadal é tempo de unión, de compartir e de recoñecer o valor do que somos. Este Belén é un reflexo da nosa cultura e un motivo de orgullo para Arbo. Convidamos a toda a veciñanza e ás persoas que nos visiten a achegarse ao  Mercado Municipal, facer as súas compras e ao mesmo tempo  descubrir esta magnífica instalación.”

Publicacións Relacionadas