HomePontevedraInaugurada a humanización do Val-Sobral

Inaugurada a humanización do Val-Sobral

- Anuncio -spot_img
  • O alcalde, Manu Lourenzo, o deputado provincial, Jorge Cubela, o director técnico da obra Marco Díaz e a veciñanza de Soutomaior inauguraron nesta xornada a humanización do Val-Sobral.
  • Uns traballos para os cales o concello de Soutomaior investiu máis de 160.000 euros, ao abeiro do Plan +Provincia da Deputación Provincial.
  • Unha obra que consistiu na adecuación de 800 metros de estrada e o acondicionamento de tres núcleos no tramo da actuación para a súa conversión en pequenas prazas.

O alcalde, Manu Lourenzo, inaugurou nesta xornada a humanización do Val-Sobral. Unha cita na que estivo acompañado polo Deputado Provincial, Jorge Cubela, e polo director técnico da obra, Marco Díaz.

En primeiro termo, o director técnico da obra, Marco Díaz, dixo que dende a súa empresa INGENIERIA INFOURBAN SL, sempre “tratamos de que a obra estea integrada coa zona e a veciñanza que vive no lugar, neste caso fixemos unha humanización dividida en tres praciñas da zona que darán moita vida no Val-Sobral”.

Antes de dar paso a Jorge Cubela, o alcalde, Manu Lourenzo, lembrou que “detrás destes proxectos é imporante destacar a colaboración institucional, para Soutomaior a colaboración institucional ten traído grandes cousas para o noso concello, a colaboración institucional sempre é unha prioridade xa que por enriba das diferenzas políticas sempre está a veciñanza”.

O Deputado Provincial, Jorge Cubela, dixo, pola súa banda, que “é un pracer estar aquí, para nós é moi importante traballar sempre, por enriba de todo, polo ben da cidadanía, esta obra é un exemplo do modelo de cooperación para que concellos, como Soutomaior,l se beneficien dos fondos cooperación da Deputación Provincial”.  

Manu Lourenzo rematou o acto sinalando que é moi imporante sermos capaces de ver o que era isto e o que é, “temos que ser capaces de levar este tipo de actuación a todo o concello e de ir expandido un modelo urbano máis amable, máis respectuoso, máis pensado para as persoas, máis accesible e na que se poña en valor esta marabilla de concello que aquí temos”.

O alcalde quixo tamén agradecer “a paciencia e os azos e folgos que me a veciñanza… esa é a vitamina que fai que a inercia deste concello tire para adiante, grazas a todas as persoas que fixestes posible este proxecto grazas e por moitos máis” concluíu.

Unha cita que rematou cun petisco e coa actuación o artista local Iván Gulín.

Un proxecto que, lembramos, se actuou en tres zonas que actualmente funcionan como punto de encontro para a veciñanza do barrio e nas que o Goberno de Soutomaior para a súa conversión en pequenas prazas. Converténdoos, deste xeito, en espazos máis amables e humanizados para a veciñanza.  

Para levar a cabo esta actuación, o Goberno de Soutomaior investiu preto de 160.000 euros, ao abeiro do Plan +Provincia da Deputación Provincial. Uns traballos mediante os cales se compren dúas necesitades: por unha banda a mellora na mobilidade do barrio e por outra parte crear espazos públicos que poñan en valor tanto a zona arquitectónica da zona como os elementos patrimoniais.

Publicacións Relacionadas