Ante a alerta laranxa decretada polos servizos meteorolóxicos entre as 18.00 horas
de onte e as 23.59 de hoxe por vento e chuvia, o Concello de Pontevedra ten
activados os servizos de emerxencia. Ao fronte do operativo está a concelleira de
Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, que acordou dispoñer dos seguintes medios:
Policía, Bombeiros, Protección Civil, Ferrovial, Viaqua, servizos técnicos do Concello
e empresas externas, se foran necesarias.
As incidencias rexistradas até o de agora foron:
Na noite do 19 ao 20 de febreiro:
• Cama elástica cortando un carril da PO-223 a la altura da Piolla (Lérez).
Retirada pola Policía.
• Colectores caídos en: Amado Carballo, San Amaro, Grecia
Na mañá do 20 de febreiro:
• Uralita desprendida en rúa Torre 5.
• Tellas desprendidas na rúa Faustino Santalices.
• Árbore caída en Areas Mourente (Uned) e en Campañó, Vilar (Ponte Sampaio)
• Cables de telefónica desprendidos en Tomeza.
• Chapas laterais de edificio da rúa Estrada 26
• Colectores caídos en distintas rúas.