Home Pontevedra Caldas Indignación no concello de Portas tras un atentado vandálico contra unha fonte...

Indignación no concello de Portas tras un atentado vandálico contra unha fonte pública en Romai

- Anuncio -

Aplastaron e romperon cunha pedra de gran tamaño a billa por onde sae a auga para uso da veciñanza.

O alcalde do Concello de Portas, Ricardo Martínez, manifestou o seu enfado e preocupación polos actos vandálicos realizados contra unha fonte pública en Romai que causaron serios desperfectos na billa por onde sae a auga de uso da veciñanza.

A fonte de Romai recibiu serios desperfectos na súa billa, presuntamente, realizados cunha pedra de grandes dimensións que apareceu ao seu carón. O autor ou autores do ataque vandálico tomáronno coa billa que foi sometido a un aplastamento e tamén presenta buracos por acción percutora da pedra.

Ricardo Martínez recollendo a indignación da veciñanza, sinalou que este acto vandálico está posto en coñecemento dos corpos e forzas de seguridade do estado, un atentado contra o patrimonio público coa intención de que se fagan as averiguacións necesarias para identificar ao autor ou autores deste feito para esixirlles responsabilidades.

O ALCALDE VE CON PREOCUPACIÓN ESTES ACTOS VANDÁLICOS

Martínez sinalou que “vemos con preocupación este tipo de actos vandálicos contra o patrimonio de todos e todas as veciñas feitos dun xeito irracional e so polo mero feito de provocar dano en elementos que pertencen ao común da veciñanza e que, ademais dos desperfectos, causan un grave prexuizo económico porque hai que correxir e restaurar os danos que se producen nestes elementos de carácter público”, indicou o alcalde de Portas.

Relacionadas

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

0
A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a...

0
A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca. O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

0
A concesión será por dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, cunha proposta de renda mensual de 236 euros, máis IVE. O prazo...

Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da Nai

0
O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán...

Abre a convocatoria de participación na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de...

Publicacións Relacionadas