Continuando coas sesións, o próximo xoves 19 proxectaremos un clásico: “O vampiro de Düsseldorf” de Fritz Lang (1931).
Película policial alemá, parcialmente inspirada no caso real do asasino serial Peter Kürten, quen matou a varios nenos na cidade de Düsseldorf.
Coma sempre será ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal de Nigrán, e estará comentada polo profesor Alfonso Castaño.



