Información das Bibliotecas Municipais

adminON
Lectura mínima de 2

Día Mundial da Poesía na Biblioteca Xela Arias

Hoxe xoves, 21 de marzo, é o Día Mundial da Poesía. Para festexalo, na Biblioteca Xela Arias de Chapela contarán coa escritora e artista Andreia Costas , nunha tarde na que ademáis de presentar o seu último libro: “Magnolia punk e outras arritmias” fará cumprida homenaxe a unha das súas referentes: a poeta Xela Arias, que da nome á biblioteca municipal de Chapela.

Xoves 21 de marzo, ás 20:00 h.

A actividade está enmarcada dentro do ciclo “Aquí si hai quen escriba”, organizado polas bibliotecas municipais para promover e dar a coñecer a obra escrita e tamén a labor de creatividade da veciñanza redondelá.

+ INFORMACIÓN: https://bibliotecas.redondela.gal/dia-mundial-da-poesia-a-biblioteca-xela-arias-recibe-a-andreia-costas-dentro-do-ciclo-aqui-si-hai-quen-escriba

Cómics viaxeiros

Durante esta semana e ata o 15 de abril, as bibliotecas municipais de Redondela teñen a disposición dos usuarios os “cómics viaxeiros”, para conmemorar o Día do Cómic. As Bibliotecas lanzan cadansúa valixa de cómics viaxeiros con destino á outra biblioteca da nosa rede municipal. Os usuarios das respectivas bibliotecas poderán coñecer e levar prestados unha serie de cómics da outra sede na súa biblioteca habitual.

 + INFORMACIÓN: https://bibliotecas.redondela.gal/3525-2/

    Da Valle-Inclán de Redondela ➡ á Xela Arias de Chapela

    Da Xela Arias de Chapela ➡ á Valle-Inclán de Redondela

Peche das Bibliotecas Municipais de Redondela durante a Semana Santa

Abrirá a sala de estudo de Redondela abrirá no seu horario habitual, agás o xoves 28 e o venres 29 que son festivos.

+ INFORMACIÓN: https://bibliotecas.redondela.gal/aviso-das-bibliotecas-municipais-de-redondela/

Comparte este artigo