Home O Morrazo Marín Iniciadas as obras da segunda fase de restauración do Templo Vello

Iniciadas as obras da segunda fase de restauración do Templo Vello

- Anuncio -

Estes días comezaron colocarse os andamios para levar a cabo os traballos de restauración que limparán a fachada, resolverán problemas de humidade e reformarán as campás.

A Consellería de Cultura investirá nesta obra 150.000 euros, despois dos 60.000 que xa se investiran en 2017 para a primeira fase.

O Templo Vello iniciará estes días a segunda fase da restauración que porá en valor esta Igrexa de Santa María do Porto, de altísimo valor patrimonial que conta con máis de catro séculos de historia.

Estas obras levaranse a cabo grazas á inversión que realizará o Goberno da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, cun orzamento de 150.000 euros. Nesta segunda fase, resolveranse os problemas de humidade, actuando sobre o exterior da basílica.

Concretamente, limparase a fachada principal, restaurarase a portada principal e as portas exteriores, redefiniranse os elementos da fachada sur e mellorarase o rexuntado. Ademais, está previsto que se leve a cabo a restauración das campás.

A primeira fase levouse a cabo no 2017, coa que se conseguiu eliminar as filtracións de auga e mellorar a ventilación, acadando unhas mellores condicións ambientais no interior do templo. Nesta primeira parte a administración autonómica xa investira 60.000 euros.

Segundo explicou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na súa visita á igrexa o pasado mes de marzo, os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses

Máis de catro séculos de historia

A Igrexa de Santa María do Porto é un ben catalogado que está incluido no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Emerxe sobre un promontorio preto do porto e iniciou a súa construción no ano 1603, baixo a direción do mestre García Arce.

Volve a actividade ao seu interior

Tal e como explica a parroquia Santa María do Porto, coa fin das restricións sanitarias, a partir do mes de novembro volverá celebrarse culto e a partir deste domingo, os rapaces que están a preparar a Confirmación terán a catequese neste templo ás 11.00 horas.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas