HomeO MorrazoMarínIniciadas as obras de demolición do antigo Mercado de Cantodarea

Iniciadas as obras de demolición do antigo Mercado de Cantodarea

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, fixo unha visita ao lugar, onde os traballos durarán en torno a un mes e medio.

Xa é por fin unha realidade. Despois de moito esforzo de xestión, as obras de demolición do antigo Mercado de Cantodarea arrancaron hoxe, a cargo de EC Casas por nun importe de 138.230 euros, o que permitirá recuperar esta parcela para uso publico e tirar un dos exemplos do feismo e o paso do tempo no barrio de Cantodarea.

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, realizou unha visita de obra acompañado do director de obra e o representante da empresa para comprobar o arranque dos traballos, que nestes momentos céntranse no excavado do espazo para seguir coa demolición do edificio.

O obxectivo é que os traballos estean rematados a medidados do mes de abril. A execución do proxecto dilatouse no tempo debido aos traballos de retirada dunha liña de media tensión que lle levou meses a Fenosa e, despois, pola dificultade de xestionar a financiación, que finamente se fai a través da dotación dun crédito extraordinario.

Unha vez remate esta obra, ganarase toda unha parcela para o uso da cidadanía.

Publicacións Relacionadas