Home Pontevedra Caldas Isabel Couselo e Carlos Costa, candidatos únicos a presidir o PP de...

Isabel Couselo e Carlos Costa, candidatos únicos a presidir o PP de Cuntis e de Campo Lameiro

- Anuncio -

A voceira do Partido Popular de Cuntis, Isabel Couselo, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, son os únicos candidatos para presidir as súas respectivas xuntas locais, cuxos congresos se celebran os sábados 15 e 22 de outubro, respectivamente.

Así o ratificaron as Comisións Organizadoras dos Congresos, unha vez rematado o prazo para que os afiliados interesados presentasen as súas candidaturas e os apoios mínimos que marca o regulamento do cónclave.

No caso de Cuntis, a COC está integrada por María José Liñeira Asorey, como presidenta, Roberto Campos López e Salvador Santiago Pereira Pena, que validaron a candidatura única de Isabel Couselo tras presentar o dobre dos apoios mínimos esixidos.

Con respecto a Campo Lameiro, a comisión está formada polo ex alcalde Julio Sayáns, como presidente, María de las Nieves Boullosa Ferrín e Haydé Reboredo Coello. E tamén confirmaron a candidatura única de Carlos Costa tras presentar preto de cen apoios, moi superior ás sinaturas mínimas necesarias.

A partir de agora, os candidatos iniciarán unha campaña interna, mantendo reunións cos afiliados para explicar o seu programa para presidir a xunta local e presentar os seus equipos.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas