Jacobo Pérez analiza co tecido comercial e hostaleiro fórmulas para consolidar a actividade económica do concello

adminON
Lectura mínima de 3

O alcalde confirma que o Goberno local volverá  implicarse neste 2025 nunha nova edición da campaña  ‘Eu merco en Caldas’, logo do éxito acadado por esta  iniciativa durante o ano pasado 

Pérez Gulín tamén aposta por ir da man con man entre a  institución pública e o ámbito privado para avanzar cara a  desestacionalización, axudando, deste xeito, a que  Caldas de Reis “sexa un concello atractivo durante os  doce meses do ano” 

O alcalde de Caldas de Reis,  Jacobo Pérez, continúa coa rolda de encontros e reunións de traballo  que está a manter nas últimas semanas con entidades, agrupacións e  axentes dinamizadores da actividade do municipio en diferentes eidos.  Dúas destas últimas citas tiveron lugar nos últimos días, con  profesionais do pequeno comercio e da hostalería local, para analizar e estudar propostas a continuar desenvolvendo neste 2025, e que xa se  levaron a cabo con éxito no que vai de mandato, como foi o caso da  campaña ‘Eu Merco en Caldas’. A iniciativa, que se estrou a mediados  de 2024, “naceu co obxectivo de favorecer as compras de proximidade e impulsar a actividade hostaleira, de xeito que os negocios da vila  pasen a ser un referente non só para a nosa veciñanza, senón tamén  para persoas doutros municipios da bisbarra”, indicou Pérez Gulín. Ao  abeiro desta campaña impulsáronse actividades como ludotecas  infantís e descontos de todo tipo, así como programas de difusión. Ante  a boa acollida acadada, o Concello continuará implicándose nunha 

edición de ‘Eu Merco en Caldas’ neste 2025. “Non renunciamos a  continuar mellorando e promovendo propostas que axuden a consolidar  dous dos principais dinamizadores económicos e sociais do noso  concello, como son o comerio e a hostalería”, resaltou o alcalde  caldense. 

O líder do Goberno local salienta a “boa sintonía e a comunicación  fluída” que se está a manter nestes encontros, que continuarán  convocándose de xeito periódico. “A intención é reunirnos cada mes ou  mes e medio para seguir traballando en propostas interesantes para  estes sectores. O máis importante é buscar unha coordinación que  redunde en beneficio destas actividades, que son un dos motores  principais de Caldas de Reis”, conclúe Pérez.

Hostalería No caso en concreto da hostalería, os obxectivos que se marca o  Concello e o propio sector pasan por continuar ‘estirando’ a actividade  durante todo o ano, na busca dunha desestacionalización que axude a  confirmar a Caldas de Reis como un destino atractivo durante os doce  meses do ano.

Comparte este artigo