O xoves 23 de xaneiro no Teatro Principal terá lugar a xa tradicional clase maxistral do cineasta homenaxeado pola AICE
Audi volve ser Vehículo Oficial do evento e dá nome ao Premio Feroz Audi de Honra que recibirá o director madrileño na gala do sábado 25 de xaneiro
Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025, chegará á Boa Vila o xoves 23 de xaneiro para a tradicional clase maxistral do homenaxeado pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España.
A charla terá lugar ás 19:00 no Teatro Principal de Pontevedra, para compartir cos asistentes o máis destacado do seu filmografía e as anécdotas acumuladas ao longo da súa traxectoria.
O director madrileño estará acompañado por María Guerra, presidenta da AICE, e polo xornalista cultural Anxo Suances, para repasar a súa carreira e, á vez, realizar unha viaxe pola historia de España e do noso cinema, con traballos arriscados pero tamén con varias das obras máis populares e queridas do cinema español.
As entradas para este encontro especial son gratuítas. As invitacións deben retirarse previamente na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 localidades por persoa.
Ademais, retransmitirase en directo a través da canle de Youtube dos Premios Feroz.
Audi colabora por terceiro ano consecutivo cos Premios Feroz, sendo de novo Vehículo Oficial do evento e dando nome ao Premio Feroz Audi de Honra que Jaime Chávarri recibirá na gala do sábado 25 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A gala dos #Feroz2025 celebrarase o vindeiro sábado 25 de xaneiro en Pontevedra. En total entregaranse 21 figuras: once de cinema, sete de series, os dous Premios Feroz Arrebato e o Premio Feroz Audi de Honra que este ano recibirá o cineasta Jaime Chávarri.
A cerimonia estará presentada por La Dani, con guión de Diego Soto e Javier Durán. Emitirase en directo ás 22:00 tanto pola 2 como por RTVE Play. A alfombra vermella previa poderase seguir desde a canle de Youtube oficial dos Premios Feroz.
Materiais para prensa dispoñibles nesta ligazón: https://bit.ly/MaterialesFeroz2025
Todos os detalles e novidades poden seguirse na nosa web e redes sociais:
https://www.instagram.com/premiosferoz/
https://www.tiktok.com/@premiosferoz
https://bsky.app/profile/premiosferoz.bsky.social
https://www.youtube.com/@PremiosFeroz
Os Premios Feroz 2025, que destacan o mellor da produción audiovisual española do ano para a prensa especializada, están patrocinados polo Concello de Pontevedra así como por Legado Ibérico, marca premium de Elpozo Alimentación e líder no sector do ibérico. Ademais, contan coa colaboración de Audi — Vehículo Oficial—, Cafés Candelas —Café Oficial—, Hispanitas —Zapato Exclusivo Oficial—, a entidade de xestión de dereitos de autor DAMA, a marca de moda Roberto Verino e Aquaservice, empresa líder en distribución de auga embotellada con dispensador; co financiamento do Goberno de España – Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) do Ministerio de Cultura; e coa participación de Crea SGR.
A AICE é un grupo plural de máis de 220 xornalistas e críticos dedicados a informar sobre cinema en televisión, radio, prensa e Internet de todo o país. Desde 2014 entregan os PREMIOS FEROZ® para destacar o mellor da produción audiovisual española do ano. Ademais dos galardóns anuais, a asociación outorga o Premio Feroz Zinemaldia no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o Premio Feroz Puerta Oscura no Festival de Málaga e o Premio Feroz Cinema Jove á mellor curtametraxe no seo do festival do mesmo nome. A AICE tamén organiza o festival Lo que viene, o campus de cinema e series La Inmortal en Zaragoza e o programa de formación en xornalismo de cinema e series María Luz Morales.