HomeO MorrazoMoañaJavier Carro: “os mellores anos de Moaña están por vir, e serán...

Javier Carro: “os mellores anos de Moaña están por vir, e serán posibles cun novo goberno do Partido Popular”

- Anuncio -spot_img

• Luis López sinala que hoxe nace o xerme dun novo goberno do PP que vai traer esperanza, ilusión e un futuro mellor para este concello.

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Moaña, Javier Carro, amosouse hoxe convencido de que “os mellores anos do noso concello están por vir, e serán posibles cun novo Goberno do PP, que ofrecerá un proxecto que inspire confianza e que represente a todos os veciños por igual”.

Foi esta tarde, durante a celebración dun mitin para presentarse ante a cidadanía, no que tamén participaron o presidente do PP de Pontevedra, Luis López, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Carro afirmou que “é momento de que gañe Moaña”, e para iso, “xa estamos traballando desde o primeiro minuto para ofrecer un equipo ganador para recuperar o Concello de Moaña”. Un equipo “renovado” ao que lle vai pedir “humildade, moito traballo, respecto, entrega absoluta ao cidadán e profesionalidade”.

O candidato popular comprometeuse “a defender as causas boas, nobres e xustas en beneficio de todos. Nós non imos a dividir aos moañeses, o que queremos é volver a unir a todos os veciños que creen que outra política é posible en Moaña”. Nesta liña, dixo que “non teñen por que soportar palabras baleiras que non solucionan ou aportan nada”, e fronte isto, aposta por “ofrecer solucións”.

Pola súa parte, Luis López, enxalzou a Javier Carro como “un candidato forte, con moita personalidade, carisma e tirón electoral. Pero sobre todo, como unha persoa intelixente, que entendeu que era o momento de sumar e integrar para cambiar o rumbo deste concello”. Por iso, amosouse convencido de que “hoxe nace o xerme dun novo goberno do PP que vai traer esperanza, ilusión e un futuro mellor para Moaña”.

O presidente provincial pediu traballo na rúa, “para explicar e conseguir a confianza dos veciños, para gañar coa maioría ampla que nos permita gobernar Moaña despois de oito anos de desgoberno, oito anos baseados na confrontación e nos que o BNG se esqueceu por completo dos moañeses”.

Durante a súa intervención tamén tivo palabras de agradecemento para a xestora local. “Hoxe é un día histórico ao que se chega con traballo, con xenerosidade e con unidade. Foi un mandato moi complicado, pero en Moaña sodes bravos, loitadores, traballadores, comprometidos e implicados, e gracias a esa forza chegamos a esta tarde con moita ilusión para presentar a mellor alternativa de goberno e de xestión para o futuro de Moaña”.

Ambos agradeceron a presencia de Rosa Quintana en Moaña, “a conselleira que máis veces visitou o noso concello”, en palabras de Carro, e “unha gran defensora, valedora e amante do mar, e por iso non hai ninguén mellor que ela para arroupar e apoiar o noso proxecto para Moaña”, sinalou López.

Publicacións Relacionadas