HomePontevedraA LamaJorge Canda trasládalle á veciñánza de Antas todo o seu apoio fronte...

Jorge Canda trasládalle á veciñánza de Antas todo o seu apoio fronte ao parque eólico de Monte Peón e convocará un pleno extraordinario de rexeitamento

- Anuncio -spot_img

O tenente de alcalde, David Carrera, fíxolle entrega de toda a documentación dispoñible no Concello sobre este parque á presidenta da Comunidade de Montes, Erundina Louro, e puxo todos os medios municipais a disposición dos comuneiros

O alcalde da Lama, Jorge Canda, expresoulle á veciñanza de Antas todo o seu apoio e a do equipo de goberno ás súas reivindicacións en contra da instalación do parque eólico en Monte Peón e comprometeuse a convocar un pleno extraordinario para refrendar por todos os grupos municipais o rexeitamento a este proxecto industrial que pretende ubicarse en terrenos de Xende con graves afeccións sobre os veciños da parroquia de Antas.

Asimismo, o tenente de alcalde, David Carrera, fíxolle entrega de toda a documentación dispoñible no Concello sobre este parque eólico á presidenta da Comunidade de Montes, Erundina Louro, e puxo todos os medios municipais a disposición dos comuneiros que se concentraron, primeiro, diante da Casa Consistorial da Lama, pero que posteriormente foron convidados polo tenente de alcalde a subir ata o Salón de Plenos para poder manter unha xuntanza dun xeito máis cómodo e operativo.

Os veciños de Antas, entre os que estaban representantes da Comunidade de Montes, Mulleres Rurais, a Asociación de Veciños e a Asociación Cultural, acudiron ao Consistorio da Lama provistos de varios carteis reivindicativos en contra da instalación do parque eólico en Monte Peón polas graves afeccións de carácter medioambiental que suporía presenza de aeroxeradores dunha altura superior aos 230 metros e moi pretos das casas, das traídas de auga e do patrimonio arqueolóxico e natural da parroquia de Antas, especialmente, o santuario e o entorno da carballeira das Ermidas.

A presidenta da Comunidade de Montes de Antas, Erundina Louro, comezou a lectura dun manifesto elaborado por un mozo da parroquia residente no extranxeiro que foi continuados por dous comuneiros máis no que se explica o apoio á implantación de sistemas de produción de enerxía renovables, pero non nesas condicións e coa saturación e ubicación que se está a producir por toda a dorsal do Suído.

Louro, visiblemente emocionada, reclamou a unidade de todo o pobo de antas e tamén dos representantes políticos presentes no Salón de Plenos co fin de facer unha fronte común para evitar que o proxecto do parque eólico Monte Petón saia adiante.

O alcalde, Jorge Canda, insistiu na necesidade de actuar de xeito unidos e volveu reiterar a vontade do Concello de colaborar e mesmo compartir coa veciñanza as accións que se interpoñan para evitar que se instalen eses aeroxeradores.

“Poñeremos todo á vosa disposición, traballaremos todos xuntos para que si non queredes isto non se faga e apoiaremos ata onde faga falta as accións e as medidas que se adopten para evitar que este proxecto saia adiante”, sinalou Canda.

Pola súa banda, David Carrera informou que desde que tivo coñecemento deste tema está a traballar man a man coa presidenta da Comunidade de Montes de Antas e que o Concello porá a disposición da veciñanza a unha empresa especializada en cuestións medioambientais e tamén aportaría o asesoramento legal necesario para facer unha fronte común contra a implantación deste parque eólico.

Publicacións Relacionadas