• O alcalde salientou tamén a participación nos eventos festivos da Banda de Música de Cerdedo, o grupo de gaitas Os Abrentes e o Coro de Viascón
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a Comisión de Festas representada por César García e Santiago Lamas presentaron esta mañá xunto á capela de San Lorenzo o programa festivo de Cadabo, na parroquia de San María de Sacos, na honra do Santo Anxo da Garda e San Lorenzo e que terán lugar durante os días 4 e 5 de marzo.
O programa festivo comezará o sábado día 4 con misas ás 17 e 18 horas que se alternarán co pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo. A noite terá lugar a gran verbena protagonizada polas recoñecidas orquestras “Os Satélites” e “La Ocaband”.
O domingo, ás 10 da mañá fará a súa entrada no pobo de Cadabo a Banda de Música de Cerdedo e haberá misas cada hora a partir das 10 da mañá sendo a solemne ás 13 horas, cantada polo Coro de Cerdedo.
O recinto das festas estará cuberto por unha gran carpa e a Comisión de Festas agradeceu a colaboración do Concello de Cerdedo-Cotobade así como de todos os patrocinadores e veciños que botaron unha man cos seus donativos para que Cadabo poida disfrutar das súas tradicións e continúe honrando ao Santo Anxo da Garda e San Lorenzo.
Pola súa banda, o alcale Jorge Cubela felicitou á comisión e agradeceu todo o esforzo que realizan os seus membros e o traballo que levan para dinamizar Cadabo e manter vivas as tradicións coa celebración da festa na honra do Santo Anxo da Garda e San Lorenzo. Manifestoulles o seu firme desexo de seguir colaborando desde o Concello coas iniciativas que están a levar para manter aceso o bo espírito de convivencia veciñal con este tipo de actividades.
APOIO ÁS AGRUPACIÓN MUSICAIS DO MUNICIPIO
Pola súa banda, o alcalde Jorge Cubela, agradeceu os esforzos e os traballos que leva a cabo a Comisión de Festas e sinalou que “sen a implicación activa da veciñanza na dinamización dos pobos e lugares e da súa participación organizativa todo isto non sería posible. Polo que non teño máis que felicitar e agradecer aos membros da Comisión o sacrificio e o traballo que realizan. Tamén quero salientar a aposta que se fai pola música tradicional e polas agrupación do municipio como é o caso da actuación dos Abrentes de Cerdedo, a Banda de Música de Cerdedo e tamén o Coro de Cerdedo que participará na misa cantada do domingo ás 13 horas. Noraboa e deste xeito é como se manteñen vivos e activos os nosos pobos e as nosas tradicións”, indicou o alcalde Jorge Cubela.



