HomeTabeirósCerdedo - CotobadeJorge Cubela e nova directiva da Comunidade de Montes repasan as actuacións...

Jorge Cubela e nova directiva da Comunidade de Montes repasan as actuacións municipais en Fentáns

- Anuncio -spot_img

• O rexedor confirmoulles que o Concello reclamou a instalación de fibra óptica, que adxudicará en breve a dotación do local social e explicoulle os pormenores da mellora da PO-230

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, recibiu á nova directiva da Comunidade de Montes de Fentáns que preside María Campos Fontenla. No transcurso da xuntanza o rexedor confirmoulles que o Concello presentara alegacións ao Plan de Zonas Brancas da Secretaría de Infraestruturas Dixitais para que se inclúa a este lugar na dotación e despliegue da fibra óptica.

Cubela e os comuneiros repasaron os proxectos impulsados polo Concello e que teñen como principais beneficiarios os veciños e veciñas de Fentáns entre os que salientan a mellora da PO-230 que levará a cabo a Consellería de Infraestruturas, que se acometerá por fases, asi como a adxudicación que se fará nas vindeiras semanas do proxecto de dotación do local social deste lugar a partir dunhas ruínas que mercou o Concello para convertilas en Casa do Pobo para o disfrute da veciñanza.

FELICITARON AO CONCELLO POLA POSTA EN VALOR DOS PETRÓGLIFOS

Os comuneiros solicitáronlle ao alcalde o acondicionamento da ruta de sendeirismo entre a ponte de Fentáns e a Capela de Lixó e agradecéronlle os traballos de recuperación e posta en valor dos petróglifos da zona que está levando a cabo o Concello de Cerdedo-Cotobade.

Finalmente, os comuneiros interesáronse polas iniciativas postas en marcha pola Consellería de Medio Rural para a recuperación de terras abandonadas como son os proxectos das Aledas Modelo ou os Polígonos Agroforestais ou gandeiros.

Pola súa, o alcalde Jorge Cubela manifestou o seu desexo de manter permanentemente aberta unha canle de comunicación e colaboración entre a Comunidade de Montes de Fentáns e o Concello para levar adiante proxectos de interese xeral para a veciñanza na que o concurso de ámbalas dúas entidades será fundamental para lograr o éxito e o beneficio para os veciños e veciñas deste lugar.

Publicacións Relacionadas