HomeTabeirósCerdedo - CotobadeJorge Cubela logra a aprobación, no último Pleno do ano, de expedientes...

Jorge Cubela logra a aprobación, no último Pleno do ano, de expedientes por obras por un importe superior a 5 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

• Luz verde á construción da Residencia e Centro de Día para persoas maiores do Concello de Cerdedo-Cotobade, que se ubicará en Carballedo

• A Corporación Municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade gardou un minuto de silencio polas vítimas do accidente do autobús ocurrido o pasado sábado en Pedre antes de celebrar o Pleno Extraordinario Urxente

O alcalde de Cerdedo-Cotobade e o grupo municipal do Partido Popular logra a aprobación, no derradeiro Pleno do ano, de expedientes por obras por un importe superior a cinco millóns de euros e permitirán o ensanche e mellora das estradas EP-0405 (Almofrei) e a EP-7102 (Serrapio-Portela), en Quireza, ademais do expediente de licitación do contrato de concesión de obra pública para a redacción do proxecto, direción facultativa, construción, equipamento e explotación da Residencia e Centro de Día para persoas maiores do concello de CerdedoCotobade, que se ubicará en Carballedo.

A Corporación Municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente do autobús ocurrido o pasado sábado na parroquia de Pedre, antes de comezar o Pleno Extraordinario Urxente no que se someteu por parte do alcalde e do grupo de goberno estas importantes obras a aprobación dos concelleiros presentes.

Así, o Pleno refrendou a xestión realizada polo alcalde Jorge Cubela para establecer senllos convenios coa Deputación de Pontevedra para proceder á mellora dos viais EP-0405, a estrada de Almofrei, e o EP-7102 en Quireza, nos tramos entre Serrapio e Portela.

No caso da estrada de Almofrei suporá un investimento dun millón de euros e o Concello terá que aportar uns 300.000 euros para poder afrontar de xeito definitivo a obra de ensanche e mellora así como a humanización do trazado dando así resposta a unha reivindicación histórica da veciñanza desta parroquia.

No tocante á EP-7102, en Quireza, o tramo entre Serrapio e Portela terá un investimento aproximado de medio millón de euros e o Concello terá que facerse cargo nesta obra de ensanche e mellora da seguranza varia do custe das expropiacións que se teñan que realizar.

3,8 MILLÓNS DE EUROS PARA A RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA

Pola súa banda, o investimento cun orzamento máis elevado dos aprobados no derradeiro Pleno deste ano corresponde ao expediente de licitación do contrato de concesión de obra pública para a redacción do proxecto, direción facultativa, construción, equipamento e explotación da Residencia e Centro de Día para persoas maiores do concello de CerdedoCotobade, que se ubicará en Carballedo, que acadará uns 3,8 millóns de euros, ademais do custe do mobiliario e a urbanización da parcela onde se vai a construir este centro xerontolóxico. O Concello fará unha aportación económica valorada en 750.000 euros e que están xa consignados nos orzamentos municipais.

O edificio construirase na localidade de Carballedo, en solo urbano e en terreos de propiedade municipal. A súa situación será próxima ao Centro de Saúde, Casa Consistorial, farmacia, biblioteca, correos, colexio público, pavillóns, etc. e enclavado nun entorno natural con vistas a paisaxe da zona, propiciando posibilidade de zonas de recreo e paseo para os residentes.

O centro estará situado a 18 quilómetros do Centro Hospitalario de referencia da zona, o que vai garantir axilidade en caso de urxencias sanitarias.

A capacidade asistencial será dun total de 59 prazas. A nova Residencia de Maiores emprazarase en cinco parcelas que suman 10.688 metros cadrados e terá unha superficie de 3.304 metros, un prazo de execución material da obra duns 14 meses e unha previsión de creación duns 20 postos de traballo.

Publicacións Relacionadas