HomeTabeirósCerdedo - CotobadeJorge Cubela pecha as contas do exercizo do 2019 cunha xestión orzamentaria...

Jorge Cubela pecha as contas do exercizo do 2019 cunha xestión orzamentaria que supera os máis de 10 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

A Corporación aproba a Conta Xeral do 2019 cun superávit de 349.763 euros e unha execución orzamentaria récord na historia do Concello, que supera en máis do dobre o previsto

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de
Cerdedo-Cotobade vén de aprobar recentemente a súa Conta Xeral do
exercizo correspondente ao ano 2019 cun superávit de 349.763 euros, un
remanente de tesourería de 1.017.820,29 euros e unha débeda “cero” o
que dá boa conta da solvencia e da estabilidade orzamentaria municipal.
Asemade, o peche definitivo das contas revelaron que o equipo de
goberno que lidera o alcalde, Jorge Cubela, xestionou unha execución
orzamentaria de 10.009.199 euros, cifra récord na historia do Concello e
que supera en dúas veces o inicialmente previsto.
O alcalde, Jorge Cubela, manifestou a súa satisfacción polos datos
acadados porque “poder xestionar uns 6 millóns de euros por enriba dos
inicialmente orzamentados dan boa conta dos investimentos conseguidos
durante o pasado ano para poder dotar e mellorar os servizos públicos e
as infraestruturas para os veciños e veciñas deste municipio sen ter que
recurrir a ningún tipo de crédito o que acredita a solvencia económica e
equilibrio orzamentario da nosa xestión”.
Por outra banda, o alcalde salientou que durante todo o exercizo
orzamentario se cumpriu escrupulosamente coas obrigas cos provedores e
co compromiso de manter a liquidez suficiente para non ter tensións de
tesourería. “Fixémolo todo procurando traballar con empresas locais,
Concello de Cerdedo-Cotobade dándolle a oportunidade a todos desde a transparencia e a igualdade de
oportunidades de poder traballar para o seu Concello e demostramos que
se podía facer con altos estándares de calidade e, sobre todo, con
puntualidade nos pagos das facturas moi por debaixo dos parámetros
legalmente establecidos para facer efectivos os prazos de tempos
establecidos para abonar as facturas. Queremos darlle a oportunidade ás
empresas locais e tamén queremos poder esixir aos nosos provedoredores
a máxima calidade porque nós cumprimos puntualmente nos pagos. É
unha satisfación para todos poder traballar coa nosa xente e ao mesmo
tempo ser quen de cumprir fielmente coas nosas obrigas, como debe ser.
Somos xente de palabra”, sinalou Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas