HomeTabeirósCerdedo - CotobadeJorge Cubela renova o apoio ás ANPA para que o alumnado siga...

Jorge Cubela renova o apoio ás ANPA para que o alumnado siga acudindo á piscina e gozando das actividades extraescolares

- Anuncio -spot_img

• O alcalde destaca a importancia que teñen as asociacións de nais e pais na comunidade educativa de Cerdedo-Cotobade

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, confirmoulle ás directivas das asociacións de nais e pais do municipio (ANPAs) o apoio económico consignado nos orzamentos municipais para este ano e que ascenden a 1.000 euros directos a cada unha das ANPAs.

Jorge Cubela ratificou que o Concello seguirá colaborando económicamente ao traslado do alumnado ás clases de natación na piscina, compromiso que asumiu con anterioridade cando a Deputación de Pontevedra deixou de prestar esa axuda ás ANPAs.

Por outra banda, o alcalde animou ás ANPAs a que, en concurrencia competitiva, presenten iniciativas para outro tipo de actividades de carácter cultural e formativo coa intención que desde o Concello se poida seguir apoiando e apostando por estas organizacións como soporte básico da comunidade educativa no municipio de Cerdedo-Cotobade.

O rexedor manifestou que “as ANPAs forman parte activa da comunidade educativa e son fundamentais para manter vivo o vencello que as familias manteñen co corpo docente e o propio alumnado. Conscientes de todo isto, desde o Concello imos seguir apostando e apoiando o seu labor con colaboracións económicas, pero tamén escoitando e atendendo as súas demandas como un Concello aberto á participación veciñal que somos”, indicou Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas