Home O Morrazo Cangas Jose Enrique Sotelo liderará a candidatura do PP para Cangas, cun proxecto...

Jose Enrique Sotelo liderará a candidatura do PP para Cangas, cun proxecto feito con e para a xente deste concello

- Anuncio -

• “Necesitamos o apoio de todas as persoas que ven con tristeza que como o noso concello está perdendo empuxe e queren que haxa un cambio de rumbo e recuperar o orgullo polo noso concello”.


• Luis López destaca a Sotelo “como a única persoa que é capaz de ofrecer unha alternativa seria ao caos que hai agora no Goberno local”.

Jose Enrique Sotelo será o candidato do PP á alcaldía de Cangas do Morrazo, tras ser ratificado de forma unánime pola xunta local do partido. Así llo trasladaron esta mañá ao presidente provincial, Luis López, e á secretaria xeral, Luisa Piñeiro.

Sotelo agradeceu á militancia e á presidencia provincial o apoio recibido, e amosa a máxima ilusión para cambiar o rumbo de Cangas. Nesta liña, di que “en maio hai só dúas opcións, elixir catro anos máis de despropósitos, de gastar máis cartos para facer moito menos, ou de apostar por un Goberno serio, con criterio e con capacidade de xestión”. Por iso, di que o obxectivo é conseguir a maioría absoluta “para deixar atrás estes oito anos perdidos”, para o que necesita o apoio de todos os militantes do PP “pero tamén de todas as persoas que ven con tristeza como o noso concello está perdendo empuxe e queren que haxa un cambio de rumbo e recuperar o orgullo polo noso concello”.

Para conseguilo, aposta por un equipo que mesture experiencia e novas incorporacións, pero sobre todo, “por un proxecto feito en Cangas, para a xente de Cangas e con persoas do noso concello”.

Pola súa parte, Luis López destaca que Jose Enrique e o PP son “os únicos capaces de ofrecer unha alternativa seria e estable ao caos que hai agora mesmo en Cangas”. Nesta liña recorda que as eleccións municipais son fundamentais para elixir aos Gobernos que contribúan ao desenvolvemento dos concellos e dos lugares onde residimos, é fundamental acertar e elixir ben, e nos últimos anos demostrouse en Cangas que o que hai é un Goberno a moitas bandas que non se entenden, que non teñen un proxecto real nin efectivo e que están máis preocupados polas súas liortas internas que en xestionar e velar polos intereses dos veciños deste concello”.

Por último, recorda que “en maio ábrese unha oportunidade real para cambiar este rumbo, e os Gobernos do PP son sempre unha garantía de crecemento, de responsabilidade, de estabilidade”.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas