Home Vigo O Porriño José Luis baños de Cos presenta no Porriño "Lume", premio Roberto Vidal...

José Luis baños de Cos presenta no Porriño “Lume”, premio Roberto Vidal Bolaño 2022

- Anuncio -

• Será este xoves, ás 19 h, no centro cultural municipal

A quinta edición do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño premiou en setembro de 2022 a José Luis Baños de Cos, coa súa obra “Lume”. O xurado do certame organizado polo IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia en colaboración co Concello do Porriño, decidiu por unanimidade outorgarlle o premio ao ser unha obra moi acaída pola temática e pola lingüaxe empregada para a súa representación ou lectura nos centros de ensino secundario.

Mañá xoves, o centro cultural municipal acollerá o acto de presentación do libro a partir das 19 h. Acompañando ao autor estarán o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a secretaria do xurado do premio, Raquel Castro, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Lume, unha invitación a preguntarnos de onde procede a violencia
Publicado na colección Costa Oeste da editorial, Lume conta a historia de Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade. Un rapaz que toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime.

A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito non lineal, ademais de Roi, tamén teñen cabida as voces dos seus achegados, que amosan os feitos e as súas consecuencias desde diversos puntos de vista.
José Luis Baños de Cos

Licenciado en Antropoloxía Social, Baños de Cos cursou estudos sobre teatro social e teatro do oprimido. Autor da obra O faiado, da compañía Ó Cubo Teatro, A espera, de Titereficcións, e de Suit(e) up, de Fanfarra Teatro. Como dramaturgo, nos últimos anos obtivo varios premios teatrais, entre os que destacan o Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle (2018) con O círculo, o Premio Abrente do MIT de Ribadavia (2019) con Asfixia, o Premio Roberto Vidal Bolaño (2020) con A cámara escura, o Premio de Textos Teatrais dirixidos a Público Infantil da Escola Navarra de Teatro (2021), con O neno que se agochaba dentro dunha caixa de galletas, o Premio teatral Varela Buxán (2021) con Segunda morte, e o Premio Barriga Verde para textos de monicreques, na modalidade de adultos (2022) con Nas nubes.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra abre este venres no Palacete das Mendoza a exposición “Cor...

0
A mostra da artista pontevedresa poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 5 de maio A Deputación de Pontevedra abre ao...

A Deputación esgota en tan só uns minutos as prazas das catro “Rutas das...

0
Os catro percorridos terán lugar o sábado 27 de abril e permitirán á cidadanía coñecer catro sidrerías singulares da Estrada A Deputación de Pontevedra esgotou...

Mondariz celebra o Mes do Libro con actividades para tódolos públicos

0
O Concello de Mondariz convida a participar nas actividades organizadas dentro do programa “Abril mes do libro”. Con motivo do Día do Libro, o...

O Concello de Baiona desenvolverá vixilancia policial e videovixilancia ante o roubo de contedores...

0
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, iniciou a recollida comercial de biorresiduos. Este esforzo representa un paso significativo cara...

O concello de Nigrán celebra o sábado 27 a II Gala Carlos Casares no...

0
Este día serán entregados os premios do II Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán, convocado en febreiro pasado Será presentada por Marina Sánchez...

O Concello de Nigrán abre ata o 6 de maio o prazo de presentación...

0
As obras, cun orzamento base de 237.662 €, contan cunha subvención de 132.730 € e suporán unha reforma integral do edificio sen afectar a...

Publicacións Relacionadas