O alcalde de Nigrán defendeu no Pleno Extraordinario solicitado polo PP a transparencia do proceso, xa que a propia Mesa resolveu rexeitar a avaliación da consultora e excluír á oferta que esta máis puntuaba
“Cando non hai proxecto político o que toca por parte da oposición é construír un escándalo onde non o hai”, considera
“A Mesa de Contratación do servizo de residuos urbanos, limpeza viaria e praias non está formada por políticos e é quen decide no Concello de Nigrán”. Así se expresou o alcalde de Nigrán, Juan González, durante o Pleno Extraordinario desta mañá solicitado polo PP para que o goberno ofrecese explicacións sobre este contrato en fase de licitación e paralizado sucesivas veces por diferentes denuncias do propio PP, a última delas contra a propia resolución do TACGAL, que desestimou o seu recurso.
O xoves 3 de setembro a Mesa de Contratación resolveu rexeitar a avaliación de ofertas realizada pola asesoría externa Intoconsulting porque outorgaba maior puntuación á oferta presentada por Geseco-Copasa-Oresa pese a incumplir parte das bases (en concreto a frecuencia de recollidas) e, tras requerir un novo informe de valoración á enxeñeira municipal (achegado á este órgano o 2 de decembro) o xoves 4 de decembro a Mesa reúnese novamente e decide eliminar dita oferta “polo incumprimento dun requerimento de carácter obrigatorio e excluínte”, segundo recollen as propias bases.
“Isto é o que sucedeu, pero cando non hai proxecto político o que toca por parte da oposición é construír un escándalo onde non o hai, non existe a polémica pero intentan fabricala; o inadmisible sería que calquera dos concelleiros deste goberno interferise nas decisións da Mesa. O edil de Vías e Obras e Servizos Urbanos pode ter unha opinión persoal sobre unha oferta e eu otra, pero non somos técnicos, non decidimos nada diso, e quedou claro”, zanxou o alcalde.



