Juan Manuel Muñoz substitúe a Gerardo Pérez como novo tesoureiro do PP de Pontevedra

adminON
Lectura mínima de 2

• O líder do PP destaca o “servizo encomiable, que ambos prestaron con absoluta coordinación e dilixencia, que ten pouca visibilidade pero que é fundamental para o bo funcionamento do partido e do grupo municipal”

• Os populares continúan semanalmente con reunións con asociacións e colectivos, visitas a barrios e parroquias, e unha análise detallada dos puntos fortes e débiles dunha cidade que “pide un cambio” despois de 25 anos

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a secretaria xeral do PP na cidade, Pepa Pardo, presidiron a reunión do Comité Executivo que designou a Juan Manuel Muñoz como novo tesoureiro da formación local tras o falecemento de Gerardo Pérez Puga.

Domínguez eloxiou o traballo dos responsables locais da área de Economía e Facenda durante os últimos anos: “Un servizo encomiable, que ambos prestaron con absoluta dilixencia e coordinación, que ten pouca visibilidade pero que é fundamental para o bo funcionamento do partido e do grupo municipal”.

O Comité Executivo ha servido para tratar outros temas de relevancia para o partido máis votado da cidade nas municipais de maio de 2023, e nos tres comicios electorais seguintes.

A actividade do PP continúa semanalmente con reunións periódicas con asociacións e colectivos, visitas semanais aos barrios e parroquias, e unha análise detallada dos puntos fortes e débiles dunha cidade que “pide un cambio” despois de 25 anos baixo o mando dos nacionalistas.

Comparte este artigo