JuanFerron do Natación Mos convocado para Paris 2024

adminON
Lectura mínima de 4

O nadador vén de ser convocado polo Comité Paralímpico Español tras realizar nos 100m Bolboreta marca de consideración Olímpica e estar entre os mellores postos da Clasificación Mundial en categoría S-13

O nadador Juan Ferrón Gutiérrez do Club Natación Mos vén de ser convocado para os Xogos Paralímpicos de París 2024. Así o fixo publico esta mesma mañá o Comité Paralímpico Español na súa lista de convocados para a cita na capital gala. Ferrón consegue deste xeito o billete olímpico grazas aos incribles 58”52 selaxes nos 100m Bolboreta no Cto de España celebrado en Palma de Mallorca. Esta Marca é de consideración olímpica e pon e Juan Ferrón entre os primeiros postos da Clasificación Mundial da tempada en categoría S-13.
O nadador, que xa estivo preto de ir convocado a Tokio 2020+1, fará o seu debut na competición de maior talla á que pode acceder un deportista, pero co respaldo e a profesionalidade de levar ás súas costas a participación en dous Europeos e noutros dous Mundiais, ademais de en varios trofeos e copas internacionais, que lle sitúan como un dos principais arietes da Selección Española na categoría S
13 que é a correspondente aos nadadores con discapacidade visual grave.
Desde o seu club non ocultan a súa alegría e orgullo facía Juan “leva case 10 anos nas nosas filas, empezou connosco de neno tras participar no Cto Escolar que organizamos, e sempre tivo moi boas calidades e hai 5 anos demos o paso de competir tamén en natación adaptada, onde a progresión foi meteórica, culminando este proceso cunha convocatoria olímpica” ademais o Club Natación Mos convértese deste xeito no primeiro club do municipio en ter entre as súas filas a un deportista de talla olímpica o cal sinalan “é un verdadeiro orgullo para nós, aínda que o mérito é froito do traballo, a constancia e o sacrificio de Juan, e tamén do noso adestrador Alberto Pereira quen o forxou desde neno ata que hai dous anos deu o salto ao CAR” pero se algo apuntan desde Mos é que é un exemplo de superación e de traballo para todos no club desde os máis pequenos ata os maiores nun “exemplo para seguir”.
A Juan agora quédalle por diante máis dun mes de preparación para afrontar a cita olímpica en máximas condicións, actualmente atópase convocado coa selección española no CAR de Sierra Nevada, facendo unha concentración en altura, e a próxima semana viaxasen ata Barcelona para afrontar o ultimo mes de preparación no CAR de San Cugat antes de poñer rumbo a París. Juan pola súa banda atópase “centrado en realizar cada adestro e traballar nos pequenos detalles que marcan a diferenza” e afrontando con “motivación e ganas” a oportunidade de baterse contra os mellores nadadores do mundo en algo máis dun mes pero tratando de “evitar a presión innecesaria previa, e planificando ben a carreira”

Comparte este artigo