HomePontevedraJuncal remite unha carta de apoio aos clubs deportivos de Pontevedra: “O...

Juncal remite unha carta de apoio aos clubs deportivos de Pontevedra: “O voso traballo foi todo un exemplo de xestión e capacidade. Volveredes aínda máis fortes”

- Anuncio -spot_img

O concelleiro do Partido Popular e responsable da área deportiva, Guille Juncal, enviou un escrito aos presidentes de todos os clubs deportivos da cidade: “#Ante as novas restricións, queremos trasladarvos o noso apoio”

O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra e responsable da formación da área deportiva, Guille Juncal, remitiu este xoves unha carta a todos os clubs deportivos da cidade na que, #ante as novas restricións anunciadas pola Xunta, traslada “o noso apoio e empatía #ante unha situación tan delicada que, somos consciente, estades a pasar”. O popular destacou que, desde o plano privado como o público, “defendín o traballo que tanto os clubs, como os adestradores, deportistas e federacións vides realizando todos estes meses. Un traballo que, sen dúbida, deu os seus froitos e que se materializou nuns datos sanitarios envexables”.

“Entendo e comparto o voso sentimento de frustración #ante unha decisión que vén dada pola preocupante tendencia desta terceira onda, que obriga a tomar decisións máis drásticas”, destacou Juncal, que quixo poñer en valor o exemplo de xestión deportiva dos clubs da cidade: “Un mérito que non é, soamente, da Xunta de Galicia senón, sobre todo, do tecido deportivo que traballou día a día, de xeito conxunto, coas autoridades sanitarias para conseguir un deporte seguro”. “O deporte volverá máis forte e, desde este Grupo Municipal, seguiremos defendendo todo o traballo que realizastes e mantendo a mesma postura que todos estes meses, sen ventajismos nin partidismos”, recolle a carta.

“Por último, gustaríame pedirvos toda a comprensión posible #ante a decisión adoptada. O voso comportamento foi, en todo momento, un comportamento modélico. Estou seguro que, aínda con ese sentimento lexítimo de frustración e inxustiza que agora sentides, todos sodes conscientes do delicado da situación sanitaria nestes momentos e do difícil que é tamén tomar decisións tan drásticas e tan duras”, argumentou o popular.

“Sen máis, despídome non sen antes enviarvos un afectuoso saúdo e desexando que, máis pronto que tarde, podamos volver vernos onde todos queremos: facendo deporte. Ata ese momento, coidarvos moito”, rematou o concelleiro popular.

Publicacións Relacionadas