Home Pontevedra A Paradanta La Sestelo-Álvaro Pino ultima detalles do seu paso por Covelo

La Sestelo-Álvaro Pino ultima detalles do seu paso por Covelo

- Anuncio -

O vindeiro 22 de maio o concello de Covelo será un dos puntos de avituallamento e reagrupamento dos corredores de La Sestelo-Álvaro Pino

O gañador da Vuelta España, Álvaro Pino, visitou hoxe o concello de Covelo para presentarlle ao alcalde Pablo Castillo o maillot da marcha La Sestelo-Clásica Álvaro Pino e
pechar detalles da marcha ao seu paso polo noso concello.

“Esta mañá quixen presentarlle ao alcalde Pablo Castillo o maillot da marcha que leva o meu
nome e agradecerlle persoalmente a súa implicación”, comenta Álvaro Pino.
O afamado ciclista e o alcalde estudaron a ubicación do punto de avituallamento no que os e as participantes farán un pequeno parón para repor folgos e reagruparse. A marcha SesteloClásica Álvaro Pino terá lugar o vindeiro 22 de maio e congregará a ciclistas chegados de todos os puntos da península que se agruparán na praza Mestre Cerviño para continuar pedaleando.

O gran fondo cicloturista repite este ano percorrido. 110 quilómetros, con saída e chegada a Ponteareas, cun tramo inicial neutralizado e o resto a velocidade libre, reagrupando aos
corredores nos avituallamentos da Cañiza e Covelo tentando así evitar a dispersión. A
marcha pasará por 7 concellos (Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, Cañiza,
As Neves e Salvaterra), terá máis de 2.000 metros de desnivel acumulado nun percorrido
esixente pero asumible, e pasará por 3 altos de montaña.

O alcalde Pablo Castillo amosa a súa satisfacción pola realización da proba e lembra a
importante conexión que hai entre o noso concello e os afeccionados/as ao ciclismo, “é unha
clásica moi arraigada no Condado Paradanta, que da a coñecer os dez concellos así como a
riqueza natural e paisaxística axudando a posicionar este territorio como un destino de
calidade para turismo deportivo. Covelo é un concello de grande atractivo para os ciclistas e,
a diario, vemos como adestran nas nosas estradas tanto profesionais como afeccionados.
Para nós é unha satisfacción e un espectáculo poder ter a tantos deportistas na nosa praza,
véndoos chegar e saír para continuar a proba”.

Os organizadores, Plan C, estiman este ano unha participación de 500 corredores/as tras o
éxito da pasada edición. Desde a organización adianta que o último tramo de inscricións que
comezou o 18 de abril e ten un prezo de 45 euros pechará o 8 de maio ás 23.59 horas.
A organización confirma a dispoñibilidade de prazas para todos aqueles que aínda desexen
inscribirse, a través da páxina web oficial www.clasicaalvaropino.com.

La Sestelo-Álvaro Pino está patrocinada por Grupo Sestelo e Grupo Asegurador Lynalfa e
conta co apoio e coa colaboración do Concello de Ponteareas, da Deputación de Pontevedra
e o GDR Condado Paradanta.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas