HomePontevedraLara Meneses, Iván Caamaño e Carlos Rodríguez participan mañá na presentación dos...

Lara Meneses, Iván Caamaño e Carlos Rodríguez participan mañá na presentación dos candidatos máis novos do PPdeG

- Anuncio -spot_img

Os candidatos do PP á alcaldía de Tomiño, Lara Meneses; de Catoira, Iván Caamaño; e do Rosal, Carlos Rodríguez, participan mañá como os candidatos máis novos da provincia de Pontevedra no acto “Un futuro entre todos” que celebra o PPdeG en Santiago de Compostela.

Así o anunciou esta mañá a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, que afirmou que son “candidatos que, estou segura, nos darán moitas alegrías o vindeiro 28 de maio e que demostrarán que a xuventude tamén é sinónimo de estabilidade, de solvencia e de experiencia. Son o futuro do PPdeG e a partir do 28 de maio serán o futuro de Galicia”, explicou.

O acto estará presidido polo presidente, Alfonso Rueda, e contará coa asistencia da propia secretaria xeral do PPdeG, e do presidente do PP de Pontevedra, Luis López.

Celebraranse tres mesas redondas moderadas pola coordinadora xeral de Novas Xeracións de Galicia, Eugenia Vizcaíno, e nas que intervirán os once candidatos máis novos das catro provincias: Lara Meneses (Tomiño, 1996), Manuel Fernández (Baños de Molgas, 1992), José Rodríguez (Ribas de Sil, 1999), Luis Insua (Fisterra, 1992), Nacho Campo (Maside, 1997), Miguel Gallego (Samos, 1998), Fernando Couce (Cabanas, 1992), Carlos Rodríguez (O Rosal, 1993), Nicole Grueira (Pol, 2001), Iván Caamaño (Catoira, 1996) e Marco Carballal (Montederramo, 1999).

Publicacións Relacionadas