Home Pontevedra O Salnés Lete Lasa asegura que o Campionato de España de Xadrez de Sanxenxo...

Lete Lasa asegura que o Campionato de España de Xadrez de Sanxenxo dará “xaque mate á pandemia” e desexa o ascenso aos dous equipos galegos

- Anuncio -

_Do 16 ao 23 de setembro, 90 xadrecistas de oito equipos de toda España -entre eles os clubs galegos de Ourense e Sanxenxo- xogaranse no Gran Talaso Hotel dúas prazas o ascenso á División de Honra e dúas de descenso a Segunda División

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato de España de Primeira División de Xadrez que terá lugar no Salón Silgar do Gran Talaso Hotel de Sanxenxo do 16 ao 23 de setembro. Lete Lasa lembrou o papel importante das nais dos grandes campións mundiais de xadrez, Kárpov e Kaspárov, para apuntar que “o xadrez é un compañeiro ideal para os nosos nenos e nenas, un estímulo que esperta axilidade mental e a óptima condición física dos máis pequenos e que casa a perfección co Plan Galicia Saudable”.

Neste sentido lembrou que o xadrez é unha das modalidades da actividade deportiva escolar e federada dentro do noso programa Xogade que xunta toda a oferta deportiva e lúdica en idade escolar promovida pola Xunta de Galicia e que promove e fomenta a práctica da actividade física na poboación escolar (6-16). Os últimos datos, a pesar de vir de dous anos de pandemia, acreditan que o xadrez conta con máis de 3.200 participacións na tempada 2021/2022: 2.203 xadrecistas federados e 1.026 xadrecistas escolares.

Segundo Lete Lasa, “eventos como este Campionato de España de Primeira División de Xadrez son o mellor acicate para que estes nenos e nenos sigan apostando polo deporte e que continúen soñando que algún día poderán alcanzar as cotas de éxito dos grandes mestres internacionais que se darán cita esta semana en Sanxenxo”. O mandatario galego asegurou que este Campionato de España é unha razón máis para “dar xaque mate á pandemia” e desexou o ascenso á máxima división nacional aos dous clubs galegos que competirán nel: o Club Deportivo Xadrez Ourense e o Club Xadrez Fontecarmoa Viaxes Interrias Sanxenxo, que xogará na casa.

O Campionato de España de Primeira División de Xadrez contará coa participación de oito equipos de todo o país que xuntarán 90 xadrecistas entre os que destacan 17 estranxeiros, 19 Grandes Mestres e 40 Mestres Internacionais. No que atinxe aos xadrecistas galegos -serán un total de 19- o mandatario galego destacou a participación de Iván Salgado, que foi campión de España en 2017. Tamén destacou a presenza dos dous números un españois: Paco Vallejo, que foi campión nacional en cinco ocasións e Sabrina Vega, que se coroou como raíña nacional en oito exercicios.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas