Home Pontevedra O Salnés Lete Lasa destaca o ciclismo como "Bolsa de novos valores" na presentación...

Lete Lasa destaca o ciclismo como “Bolsa de novos valores” na presentación da Mini BTT concello de Ribadumia que xuntará a 500 nenos e nenas

- Anuncio -

— Lembra os cinco centros BTT de Turismo de Galicia, así como os pump track indoor instalados pola Secretaría Xeral para o Deporte no Complexo Deportivo de Monterrei en 2021 e nas dependencias do Club Ciclista Maceda en 2016

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe da presentación da IV Mini BTT Concello de Ribadumia que terá lugar o vindeiro domingo 29 de maio e na que participarán un total de 500 rapaces e rapazas das categorías benxamín, promesa, principiante, alevín e infantil.

O mandatario galego destacou que tanto a competición como o ciclismo son “bolsas de novos valores” do deporte galego e destacou precisamente a bicicleta de montaña (BTT) como unha das especialidades con maior tradición en Galicia. Neste sentido lembrou os cinco centros BTT de Turismo de Galicia, así como os pump track indoor instalados pola Secretaría Xeral para o Deporte no Complexo Deportivo de Monterrei en 2021 e nas dependencias do Club Ciclista Maceda en 2016, do que saíu Carlos Canal, o corredor ciclista máis novo en disputar a pasada Vuelta a España.

Lete Lasa subliñou tamén o apoio da Xunta de Galicia aos deportes urbanos, que nos últimos Xogos Olímpicos tiveron o seu debut olímpico como foi o caso do BMX freestyle, o skateboarding ou o basket 3×3, contando ademais que o break dance estará en París 2024 como deporte olímpico invitado.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas