Home Pontevedra Deza Lete supervisa as obras do Manuel Anxo Cortizo que, tras a cesión...

Lete supervisa as obras do Manuel Anxo Cortizo que, tras a cesión do contrato, avanzan a bo ritmo e estarán rematadas neste mesmo mes

- Anuncio -

_As actuacións responden a un convenio de colaboración asinado pola Xunta de Galicia co Concello de Lalín por importe de máis de 700.000 euros

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo alcalde de Lalín, José Crespo, visitou o estadio de fútbol Manuel Anxo Cortizo no que a Xunta de Galicia está a levar a cabo a construción dun novo terreo de xogo con sistema de céspede artificial grazas ao convenio de colaboración asinado co Concello de Lalín por un importe toal de máis de 700.000 euros (700.028,15 euros), dos que a Secretaría Xeral para o Deporte asume 450.000, mentres que o Concello de Lalín, os restantes 250.028.15 euros.

O mandatario galego amosou a súa satisfacción de ver avanzar as obras a “bo ritmo” tras superar os problemas derivados da cesión do contrato da empresa concesionaria a unha nova por problemas alleos á administración. Tras este parón foi preciso realizar de novo o control de calidade da sub base para garantir a viabilidade da obra e a climatoloxía favorable nas últimas datas permitiu o inicio dos traballos. Grazas a esta nova situación, o novo terreo de xogo estará listo a finais do presente mes de maio.

O Estadio Municipal Manuel Anxo Cortizo conta cunha pista de atletismo, unha base para lanzamento de martelo e tres terreos de xogo, habilitados para fútbol, rugby e fútbol 7. A Xunta de Galicia colabora co Concello de Lalín na execución transformación do actual campo de fútbol, dotado na actualidade de céspede natural, mediante a construción dun novo terreo de xogo con sistema de céspede artificial de última xeración, con mínimo mantemento e máximo grado de uso. Cómpre salientar a importancia desta actuación dada a excelente política deportiva de base que ten no estadio Manuel Anxo Cortizo unha instalación de referencia na que adestran un 600 rapaces e rapazas.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas