A innovadora iniciativa dun Club de lectura fácil inclusiva nace na Biblioteca Municipal mosense, María Magdalena, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra mañá
Esta mañá presentouse na Biblioteca Municipal María Magdalena o Club de lectura fácil inclusiva titulado “Libros sen Límites”. Unha novidosa iniciativa que nace coincidindo coa conmemoración, mañá 3 de decembro, do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Na presentación estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, a educadora e dinamizadora que será a encargada de conducir o Club, Vicky Lago, xunto co seu can de terapia, Mimo, que estará presente como parte activa nas sesións; a bibliotecaria municipal, Diana Lago, membros de EVD Galicia e Cogami, e usuarias da Biblioteca Municipal.
O Club de lectura fácil inclusiva impartirase na Biblioteca Municipal María Magdalena cunha periodicidade quincenal, os martes ás 12.00 horas. A inscrición xa se topa aberta para todas as persoas que queiran participar, polo que se anima a todo aquel que queira anotarse a que chame ao número de teléfono da Biblioteca para facelo: 986 338 080.
Os destinatarios da iniciativa son persoas con discapacidade (cognitiva ou intelectual) ou calquera persoa á que lle custe ler… maiores, etc.
Os obxectivos da actividade son crear un espazo de disfrute, aprendizaxe e socialización mediante unha metodoloxía que simplifica os textos para facelos máis comprensibles e que sirva de foro de intercambio de ideas e emocións. O club de lectura incluirá tamén actividades complementarias como xogos, debates, e taller de escritura creativa.
As representantes municipais, a rexedora local, Nidia Arévalo, e a edil mosense de Política Social, Sara Cebreiro, declararon sobre o mesmo que “este Club de Lectura Fácil ofrece unha oportunidade significativa para que persoas con discapacidade cognitiva ou intelectual conéctense coa lectura e cos demais. O impacto esperado non só se limita ao desenvolvemento de habilidades lectoras, senón que tamén busca fomentar a inclusión social e fortalecer a autoestima dos participantes”, explicaron Arévalo e Cebreiro.