HomeVigoO PorriñoLonza consolídase no Porriño coa ampliación da zona loxística de última xeración...

Lonza consolídase no Porriño coa ampliación da zona loxística de última xeración e reafirma o seu compromiso coa innovación e o emprego

- Anuncio -spot_img

 O alcalde Alejandro Lorenzo acompañou hoxe ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nunha visita ás instalacións da multinacional biofarmacéutica no Porriño, única en España

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou hoxe “a excelente nova que supón para o noso concello que unha multinacional de referencia como Lonza siga apostando por medrar e consolidarse no Porriño”, durante a visita que realizou ás instalacións acompañando ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e na tamén estiveron a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana; a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; o concelleiro de Industria, Carlos Martínez e, por parte da empresa, o director de Lonza Porriño, Fernando Rodríguez Lonza, multinacional biofarmacéutica con sede en Suíza e presenza nos cinco continentes, ampliará as súas instalacións no Porriño, a única en España, con 2.000 metros cadrados máis destinados a zona loxística, dotada con sistemas de alta tecnoloxía que permiten mellorar a eficiencia operativa e optimizar o almacenamento e transporte seguro dos produtos biolóxicos. “Esta ampliación non só reforza a competitividade e a excelencia de Lonza, senón que reafirma o seu compromiso coa innovación e co futuro”, subliñou Lorenzo.

O rexedor lembrou que “Lonza non é só un referente internacional no ámbito biofarmacéutico, é tamén un motor de emprego e desenvolvemento para a nosa vila”. Actualmente, máis de 540 profesionais traballan na planta do Porriño, que conta cunha superficie de 35.000 metros cadrados e na que nos últimos cinco anos investíronse 60 millóns de euros.

Lonza Porriño é hoxe un centro clave na fabricación das terapias do futuro, especializado na produción de cultivos celulares de mamíferos, anticorpos monoclonais e proteínas terapéuticas. A planta é un referente no escalado industrial e na fabricación de novos tratamentos contra o cancro, así como contra enfermidades raras e autoinmunes.
“Desde o Concello do Porriño seguiremos traballando da man das empresas que apostan polo noso territorio, como Lonza, creando as condicións necesarias para que poidan seguir crecendo, xerando riqueza e contribuíndo ao progreso común”, asegurou o alcalde, que agradeceu tamén “a presenza e o apoio do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que con esta visita amosa o compromiso do Goberno galego coa industria estratéxica e co desenvolvemento empresarial no sur de Galicia”.

Publicacións Relacionadas