Home Tabeirós A Estrada López antepón os intereses persoais aos dos veciños e veciñas da Estrada

López antepón os intereses persoais aos dos veciños e veciñas da Estrada

- Anuncio -

Xoán Reices: “resulta irónico que nomeen a López conselleiro de cultura, lingua e xuventude, a quen ten mantivo nunha silveira a Torre de Guimarei, nada fixo polo noso idioma ao longo dos seus mandatos e a quen ten pechada a OMIX, toda unha declaración de intención de cal vai ser o traballo do xa ex-alcalde á fronte da consellaría”

Ante o salto do alcalde á política autonómica ao ser nomeado conselleiro de… Xoán Reices afirma que “as ambicións persoais de López son lexítimas, mais hai un ano comprometeuse cos veciños e veciñas que o votaron para ser o alcalde da Estrada para 4 anos máis. Sen embargo, o candidato que pedía un 4×4 para este mandato, salta en marcha eludindo as súas responsabilidades e o seu compromiso como candidato e como alcalde electo”.

O concelleiro do BNG explicou que “non agardamos nada de quen xa demostrou ser un pésimo xestor, que acaba de subirlle o IBI aos veciños e veciñas, porque non lle cadran as contas e por deixar un concello en peor situación que cando chegou á alcaldía”. “Neste sentido, resulta irónico que nomeen a López conselleiro de cultura, lingua e xuventude, a quen mantivo nunha silveira a Torre de Guimarei, nada fixo polo noso idioma ao longo dos seus mandatos e a quen ten pechada a OMIX; toda unha declaración de intencións de cal vai ser o traballo do xa ex-alcalde á fronte da consellaría”, afirma Reices e engade que “López foi un pésimo alcalde e será un pésimo conselleiro”.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas