- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na estrea da carpa coa que comeza unha celebración gastronómica que se estende ata o domingo
- Destaca a “posta en valor dun sector, o do mar, clave na identidade de Galicia” e lembra que a zona ofrece tamén “numerosas actividades culturais”
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na apertura da carpa da XXX Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa, unha cita que destacou como “unha posta en valor da nosa riqueza gastronómica e dun sector, o do mar, que é clave na cultura e identidade de Galicia”.
Deste xeito, o titular de Cultura do Goberno galego acompañou aos centos de persoas que se achegaron a degustar os moluscos na primeira xornada duns festexos que continuarán ata o vindeiro domingo, cando terá lugar o tradicional acto de entrega de insignias. Neste senso, lembrou que estes días son propicios para aproveitar “un verán cheo de propostas culturais por toda Galicia, no que ofrecemos actividades para todos os públicos tamén na zona de Arousa”, facendo referencia así á programación estival da Xunta, o CulturON.
López Campos felicitou aos responsables da organización pola trixésima edición dunha celebración con gran repercusión no calendario galego e que ofrece alternativas paralelas como concertos e unha feira de oportunidades coa participación de vinte comercios locais.