Free Porn
xbporn
Home Deza Agolada López confía no proxecto e equipo de Carmen Seijas para recuperar a...

López confía no proxecto e equipo de Carmen Seijas para recuperar a alcaldía de Agolada: “Sodes a auténtica esperanza dos veciños”

- Anuncio -

● A candidata agradece o apoio dos veciños: “Hai un ano vimos que Agolada tiña ansias de cambio, e cada convocatoria que facemos comprobamos que os nosos veciños está aí, apoiándonos e dándonos a forza necesaria para alcanzar o noso obxectivo”.

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, destacou esta mañá o “gran traballo feito durante estes catro anos polo PP de Agolada para chegar a ser unha alternativa seria e real de Goberno para o concello, e convertendo a Carmen e ao seu proxecto na auténtica esperanza dos veciños de Agolada”.

Foi durante a presentación da candidatura coa que o PP concorre ás eleccións municipais do 28 de maio, na que tamén participou Fabiola García, a responsable de Política Social do Goberno galego. López subliñou o gran traballo que fixeron nestes catro anos para sumar xente a este proxecto para volver a representar á maioría social de Agolada: “Construístes un plan de goberno con propostas serias, rigorosas e necesarias; fiscalizastes o labor do goberno local e puxestes sobre a mesa os moitos problemas nos que sumiu a este concello; e chegades, ás portas das eleccións, a seis semanas para votar, convertidos na referencia política absoluta de Agolada”.

Sobre a candidata, o presidente provincial definiuna como “unha muller valente para coller o temón do partido neste difícil mandato, especialmente nos seus primeiros momentos, e porque soubo facer o que había que facer para que hoxe todos teñamos tanta ilusión en Agolada”. E puxo en valor “o equipazo” co que se presenta ás municipais, “que máis que unha candidatura, parece xa o futuro goberno local que tanto necesita Agolada”.

Pola súa banda, Carmen Seijas recoñeceu que só lles motiva unha idea: “poñer en marcha un proxecto de futuro que mellore Agolada para volver a sentirnos orgullosos do que somos e ilusionados polo que poderemos ser no futuro”. Agradeceu todo o apoio que está recibindo desde que asumiu a presidencia do partido. “Hai un ano vimos que Agolada tiña ansias de cambio, e fun capaz de facer un equipo comprometido e cunhas ganas de traballar tremendas. E cada convocatoria que facemos comprobamos que os nosos veciños está aí, apoiándonos e dándonos a forza necesaria para alcanzar o noso obxectivo, que non é outro que recuperar a alcaldía de Agolada”.

Para as municipais de maio, sinalou, o PP preséntase cun equipo no que hai persoas de todas as profesións, de todas as idades, onde hai moitos xeitos de facer as cousas e mesmo diferentes formas de pensar. Pero o importante é que somos un equipo compacto, sen fisuras, que sabemos onde temos que estar, sempre ao lado da nosa veciñanza”.

Por iso, comprometeuse que, se chegan á alcaldía, “non imos volver a ter un Goberno que oculta cousas, nin que entra nos xulgados por impagos aos provedores. Non imos deixar débedas de máis de 600.000 euros a autónomos e empresas, nin tampouco imos saír día si e día tamén en prensa por ser o concello do norte da provincia que máis tarda en pagar as súas facturas ou que directamente non paga”. Recoñeceu que van ter que axustar ao principio, porque son conscientes de como está deixando Luis Calvo o concello, cunha débeda desorbitada e sen apenas cartos nas contas e sen remanentes. Así, comparou que mentres Luis Calvo tomou posesión do Concello de Agolada con 500.000 euros nas contas e 800.000 euros de remanentes, acabou decembro de 2022 con 20.000 euros nas contas e máis de 600.000 euros de débedas.

Por último, animou a todos os veciños “a axudarnos para conseguir o noso obxectivo. Queremos unha Agolada de todos e para todos”.

CANDIDATURA DO PP DE AGOLADA

  1. MARÍA DEL CARMEN SEIJAS LÓPEZ
  2. FERNANDO BLANCO SECO
  3. CRISTINA GARCÍA MÉNDEZ
  4. SANTIAGO CASTRO FERNÁNDEZ
  5. DAVID COEGO COSTA
  6. PAULA CRESPO MAZÁS
  7. MIGUEL CARAMÉS CARMUEGA
  8. ROMÁN BLANCO MOURIÑO
  9. JOSÉ LUIS MOSQUERA QUINTÁS
  10. VÍCTOR MANUEL RODRÍGUEZ SARANDESES
  11. MARTA GALEGO CAGIDE
    Suplentes:
  12. SANDRA DIÉGUEZ HERMIDA
  13. ALBERTO GARCÍA GARCÍA
  14. ANA MARÍA PAMPÍN BERREDO
  15. JOSÉ GARCÍA RIELO
  16. MARÍA SUSANA MIGUÉLEZ PENAS
  17. RUI SARANDESES RODRÍGUEZ
  18. BEATRIZ ABUÍN VARELA
  19. ALBERTO PEREIRO BLANCO
  20. ALFONSO GARCÍA CUMPLIDO
  21. MARÍA JESÚS VÁZQUEZ HERMIDA

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas