HomePontevedraPontevedraLores pide axilidade na execución do actual tramo da A-57

Lores pide axilidade na execución do actual tramo da A-57

- Anuncio -spot_img

Na visita ás obras xunto ao delegado do Goberno, indicou que á espera da licitación dos outros dous tramos que completen a traza desta vía de alta capacidade, o tramo en execución resolverá o tráfico de paso pesado e non pesado que vai dende a estrada de Ourense cara Vigo. Por iso pediu que se axilizase a obra que leva 7 anos en marcha.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores pediu esta mañá “axilización” na execución das obras da A-57, circunvalación de Pontevedra porque “estase prolongando máis do que nos gustaría a todos”. Na visita ao tramo de Vilaboa xunto ao delegado do Goberno, José Manuel Miñones, recordou que Pontevedra é a única cidade do Estado que non ten circunvalación libre de peaxe, e unha vía destas características “resolvería unha porcentaxe importante de tráfico que non necesita pasar por Pontevedra”.

A pesar diso, Fernández Lores explicou que este primeiro tramo “xa vai a resolver problemas de tráficos pesados e non pesados da estrada de Ourense que van cara Vigo u ou Porriño sen ter que ir ao nó do Marco”, na actualidade moi saturado.

Pero recoñece que o verdadeiro avance será a posta en marcha de toda a circunvalación porque conectará co polígono de Barro que se atopa na cabeceira desta nova vía, dará servizo aos de Reigosa e Campiño, e sería a saída cara Vigo, Porriño e Portugal, libre de peaxe.

Indicou que o Concello de Pontevedra fai a demanda de que se axilice o actual tramo, xa que está en obra dende hai 7 anos. “Sabemos que os retrasos nas administracións, as veces, son imposibles de evitar pero a ver se non pasan outros 7 anos para que estea rematado algún tramo máis”, afirmou Lores que recordou que a circunvalación de Pontevedra é unha demanda social de toda a comarca.

Publicacións Relacionadas