Luciano Otero esixe solucións urxentes para abordar a falta de médicos no centro médico de Pazos de Borbén

adminON
Lectura mínima de 1

Nunha situación de emerxencia  sanitaria, o Concello de Pazos de Borbén enfróntase á carencia do reforzo dun  médico fixo para atender aos aproximadamente 1800 veciños e veciñas que  dependen do centro médico local. A pesar das xestións previas e da reunión  anterior no mes de novembro, a situación non mellorou e actualmente  atopámonos sen pediatra e sen reforzo para a única facultativa dispoñible. 

Ademais, é alarmante que para conseguir unha cita médica en Pazos de  Borbén se requira esperar máis de 20 días, o cal é inaudito e pon en risco a  saúde da poboación. 

O Alcalde Otero solicitou unha nova reunión urxente co Xerente do Área  Sanitaria de Vigo, o señor Javier Puente, quen é responsable directo do  persoal do centro médico de Pazos de Borbén. É evidente que o xerente non  cumpriu coas súas promesas anteriores, o que agrava a situación e aumenta  a preocupación da comunidade. 

O Alcalde de Pazos de Borbén confía en que esta nova xestión leve a unha  solución inmediata. A administración local seguirá traballando  incansablemente en colaboración coas autoridades sanitarias para resolver  este problema crítico e garantir a saúde da comunidade

Comparte este artigo