HomeO SalnésA Illa de ArousaLuis Arosa pide a Patrimonio Natural que escoite propostas das empresas do...

Luis Arosa pide a Patrimonio Natural que escoite propostas das empresas do turismo activo na regulación do Areoso

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Servizos, Luis Arosa, solicita á directora xeral de Patrimonio Natural que reciba a todas as empresas de turismo activo da localidade para escoitar a súa opinión respecto do proceso de regulación de usos que está en marcha no archipiélago de Os Guidoiros, do que forma parte O Areoso.

Luis Arosa e o goberno local fanse eco do malestar existente entre autónomos locais que promoven iniciativas turísticas baseadas nas experiencias vivenciais neste entorno protexido ao terse producido unha escoita selectiva por parte da Xunta á que non foron convocadas todas as empresas.

O concelleiro de Servizos, que defende a necesidade dunha regulación de usos deste espazo natural, ao que o Concello de A Illa presentou diversas aportacións, insiste en que o documento resultante debe ser froito dun proceso negociado e de consenso entre todos os sectores e empresas que actúan no Areoso que, entre outras cuestións, queren negociar coa Xunta os cupos de visitantes diarios.

Publicacións Relacionadas