Home Pontevedra Campo Lameiro Luis López adianta ao alcalde de Campo Lameiro un apoio máximo de...

Luis López adianta ao alcalde de Campo Lameiro un apoio máximo de 1 M€ da Deputación a través de programas como o +Provincia, o Plan Extra ou o PEID para o ano 2025

- Anuncio -

O presidente provincial vén de manter un encontro institucional co rexedor Carlos Costa no que abordaron asuntos de interese mutuo para ambas as administracións

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou ao alcalde de Campo Lameiro. Carlos Costa, o apoio do organismo provincial por un máximo de 1,05 millóns de euros para este ano 2025 a través dos plans de cooperación cos concellos que a Deputación ten en marcha este ano, como son o +Provincia, a segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o novidoso Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra. Un anuncio que se produciu esta semana nun encontro institucional entre os dous dirixentes no despacho do presidente no Pazo provincial e que serviu tamén para abordar proxectos comúns e asuntos de interese mutuo para as dúas administracións.

Ao abeiro do plan +Provincia do ano 2025, un programa de récord que repartirá un total de 48,2 millóns de euros entre os concellos da provincia, a Deputación pon a disposición do Concello de Campo Lameiro un total 462.000 euros, dos que 323.400 euros se destinarán á Liña 1 de investimentos, 38.350 euros, a sufragar gasto corrente pola Liña 2; 88.700 euros, á contratación de persoal pola Liña 3; e 11.550 euros á redacción de proxectos transformadores pola Liña 4.

A segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas duplica os recursos destinados polo ente provincial á mellora das instalacións municipais cun orzamento de 8 millóns de euros, dos que o Concello de Campo Lameiro recibirá 85.850 euros, o que supón un incremento de máis de 57.000 euros con respecto aos recursos recibidos no primeiro plan.

Así mesmo, o Concello de Campo Lameiro poderá recibir tamén unha subvención de ata 500.000 euros correspondente ao novidoso Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra, que mobiliza un total de 35 millóns de euros para promover a execución de proxectos para construír ou rehabilitar infraestruturas, mellorar ou humanizar espazos públicos ou iniciativas que melloren a xestión de residuos nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.

Un apoio que pode superar o millón de euros e que duplicaría o achegado pola Deputación ao Concello de Campo Lameiro ao longo do 2024, ano no que recibiu un total de 490.000 euros a través dos plans de cooperación provinciais. Durante o encontro, o presidente Luis López deu tamén os parabéns ao rexedor polo labor que está a desenvolver á fronte do Concello e reafirmou o compromiso da Deputación de seguir tendendo pontes e colaborando en todo o que sexa posible.

Relacionadas

O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un...

0
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para...

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

O Concello de Nigrán emprenderá un novo plan de asfaltados de preto de...

0
A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026 "Nunca na...

Luis Menor anuncia á presidenta da FEMP que Massanassa será o municipio de Valencia...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse en Fitur con María José García-Pelayo, para informarlle da acción piloto que poñerá en marcha a Deputación de...

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Publicacións Relacionadas