Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López adianta ao alcalde de Ponte Caldelas unha achega de máis...

Luis López adianta ao alcalde de Ponte Caldelas unha achega de máis de 200.000 € da Deputación para renovar o céspede artificial do campo de fútbol danado pola riada

- Anuncio -

O presidente provincial mantén unha reunión de traballo co rexedor Andrés Díaz, na que lle informou dun apoio valorado en máis de 700.000 euros a través de programas como o +Provincia ou o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, avanzou ao alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, a aprobación na Xunta de goberno do ente provincial deste martes dunha subvención de 158.200 euros ao abeiro do programa +Provincia, que se complementa con outra axuda de 47.800 euros correspondente ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol de Chan da Barcia, estragado por unha riada no pasado inverno. Nun encontro de traballo que tivo lugar este luns no despacho presidencial do Pazo Provincial, López e Díaz repasaron outros investimentos previstos pola Deputación neste Concello e abordaron asuntos de interese mutuo para as dúas administracións.

Ademais, o titular do executivo provincial informou ao rexedor dos fondos que lle corresponde ao Concello de Ponte Caldelas do programa +Provincia, que ascenden a 649.000 euros, 45.400 máis do recibido o ano anterior, o que supón un incremento do 7,5 %. Unha parte destes recursos, 124.500 euros, as destinará o goberno local á contratación de 21 persoas ao abeiro da Liña 3 de fomento do emprego do + Provincia. No tocante á Liña 1 de investimentos, Ponte Caldelas dispón dun Orzamento de 454.000 euros que destinará, ademais da renovación do céspede do campo de fútbol, a outros proxectos para os que solicitou financiación á Deputación como a mellora de oito camiños e rúas municipais (241.625 €), o ensanche do camiño de Taboadelo (61.210 €), ou a mellora da drenaxe e do firme do camiño de Regodobargo (9.100 €). Así mesmo, o Concello percibirá pola Liña 2 de apoio ao gasto corrente un total de 53.800 euros e, pola Liña 4 de redacción de proxectos transformadores, ten asignado 16.200 euros.

Os recursos provinciais que lle corresponden ao Concello de Ponte Caldelas do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ascenden a 47.800 euros que se destinarán tamén ao proxecto de renovación do céspede artificial do campo de fútbol Chan da Barcia, orzamentado nun total de 306.000 euros que achega na súa maioría a Deputación. Os 100.000 euros restantes proceden dun seguro municipal para facer fronte a inundacións. “O Concello de Ponte Caldelas acumulou estas dúas axudas para renovar o campo de fútbol que, lembramos todos, foi afectado polas riadas que houbo no seu momento”, explicou Luis López.

A reunión, que se encadra dentro da aposta do goberno de Luis López de tender pontes con todos os concellos da provincia, serviu tamén para repasar outros proxectos de futuro do Concello ou outros que xa están en marcha como a reordenación da praza Frei Antonio Jorge que, a través do programa ReacPon, o organismo provincial achega 420.000 euros dos 494.000 euros nos que está valorada a obra.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas