HomePontevedraPontevedraLuis López afirma que chegou a hora de que Vilaboa teña un...

Luis López afirma que chegou a hora de que Vilaboa teña un Goberno e un alcalde á altura do que merecen os veciños

- Anuncio -spot_img

• Alberto Acuña: “un voto a PSOE e BNG é un voto a avalar os pagos irregulares e sen xustificación, un voto a seguir contaminado a ría, un voto a ter casas sen servizos básicos de alcantarillado ou viais sen arranxar”.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, pediu hoxe o apoio para Alberto Acuña quen, durante os últimos catro anos, xa exerceu claramente desde a oposición o liderado no concello e demostrou ser o alcalde que merecen os veciños de Vilaboa.

Foi esta tarde durante a presentación da candidatura do PP de Vilaboa, á que tamén asistiu a responsable de Mar do goberno galego, Rosa Quintana. López destacou a forza, a ilusión e o empuxe que se perciben nas rúas deste concello, que van permitir que o 28 de maio chegue o cambio que están esperando e reclamando os veciños. “Hai un sentir xeneralizado entre a veciñanza de que hai outro forma de facer as cousas en Vilaboa, e poden confiar no Partido Popular para conseguilo”, engadiu. Así, destacou que “quen queira unha Vilaboa máis forte, ten a súa casa no Partido Popular. Quen queira xestión, proxecto, compromiso, ideas, atención, investimentos, servizos e equipamentos, ten a súa casa no Partido Popular”.

López chamou á mobilización en torno á candidatura de Alberto Acuña para “deixar atrás os anos de declive de Vilaboa, provocados por gobernos socialistas e nacionalistas” e lamentou que nos últimos catro anos houbese ata tres alcaldes, “sometendo ao concello a unha importante inestabilidade política e de xestión”. Ademais, destacou que “o que non fixeron en todos estes anos de Goberno, non o van facer agora”, e criticou que “foron incapaces de aproveitar a situación estratéxica e todo o potencial de Vilaboa, relegándoo a ser un concello de paso e sen oportunidades. En definitiva, un concello que non avanza”.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía, Alberto Acuña recordou que “un voto a PSOE e BNG é un voto a avalar os pagos irregulares e sen xustificación, un voto a seguir contaminado a ría, un voto a ter casas sen servizos básicos de alcantarillado ou viais sen arranxar”. Para cambiar Vilaboa, engadiu, “necesitamos cousas diferentes, e esta é a nosa. Estamos listos para o cambio”.

Ademais, adiantou que algunhas das medidas que o Goberno do Partido Popular porá en marcha en Vilaboa será unha redución dos impostos, baixando o IBI ao mínimo legal e bonificando as taxas de vivendas novas e rehabilitación coas que asentar poboación. Tamén reducirán un 10% os recibos de alcantarillado e do lixo, así como as taxas urbanísticas. Ademais, entre as súas propostas inclúen apoio ás familias, bonificando os comedores e as actividades escolares, a apertura de un Centro de Día, incremento das horas e dos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar para cubrir todas as solicitudes.

CANDIDATURA DO PP DE VILABOA

  1. ALBERTO ACUÑA CRESPO
  2. YOLANDA ROSALES BUCETA
  3. MIGUEL RIAL BARROS
  4. MARÍA NOELIA MIÑÁN SANTOS
  5. ANTONIO JUNCAL CRESPO
  6. MARÍA BEATRIZ ROSENDO SANJORGE
  7. RUBÉN PEÓN PRIETO
  8. DAVID ABELENDA PAZOS
  9. PATRICIA ROMERO RAPOSO
  10. TAMARA COUSO PEQUEÑO
  11. FRANCISCO JOSÉ IZQUIERDO OJEA
  12. MARÍA JOSÉ ACUÑA COLLAZO
  13. JORGE DAVID GUTIÉRREZ GUIAO

SUPLENTES:

  1. ALFONSO BARREIRO VIÑAS
  2. ALBERTO CANOSA CURRÁS
  3. CLAUDIA OTERO ÁLVAREZ
  4. ANDREA MIÑÁN SANTOS
  5. JORGE PIAY PEÓN
  6. JOSÉ CARLOS SOBRAL BLANCO
  7. JOSÉ CARLOS FERNÁNDEZ LÓPEZ
  8. MARÍA ROSANA PALMAS REGUERA
  9. ANA BELÉN VILA FALCÓN
  10. CECILIA ACUÑA CRESPO

Publicacións Relacionadas