• Andrés Iglesias recoñece que este non foi un mandato sinxelo, pero non por iso deixaron de lado as súas obrigas e seguiron cumprindo coas súas promesas, como continuar mellorando os servizos municipais, ofrecendo unha maior protección social aos veciños, recuperando e protexendo o patrimonio cultural…
• Fronte a un Goberno unido, recordan que a alternativa é un multipartito, que xa teñen demostrado que son nefastos porque atenden aos seus intereses e as súas teimas antes que aos veciños.
O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, pediu hoxe o voto para Andrés Iglesias e todo o seu equipo porque “son a mellor opción para o futuro de Pazos de Borbén, porque ofrecen estabilidade, seriedade, traballo, atención e proximidade”. Ademais, subliñou que fronte a un “goberno unido, coas ideas claras e que se porá a traballar desde o primeiro momento, a outra alternativa é unha mistura de partidos, un multipartito, unha coalición que xa teñen demostrado, como está pasando no Goberno de España, que son nefastas porque atenden aos seus intereses e ás súas teimas moito antes que aos veciños”.
López puxo en valor a xestión do PP en Pazos de Borbén: “aquí están todos os investimentos, infraestruturas e servizos dun Goberno que ofreceu un moi bo nivel de atención e de servizos, que Andrés e o Partido Popular aínda queren elevar, porque son moi autoesixentes e queren ofrecervos máis aos veciños”. E tamén criticou a falta de apoio da Deputación de Pontevedra, “o maltrato socialista” dunha institución que investiu máis do dobre en Fornelos que en Pazos, malia ter a metade da poboación.
Pola súa banda, o candidato, Andrés Iglesias, presumiu de presentarse á reelección cun equipo forte, unido, centrado no importante, con experiencia e que é o que máis se parece e mellor representa aos veciños de Pazos de Borbén.
Recoñeceu que este non foi un mandato sinxelo, pero non por iso deixaron de lado as súas obrigas e seguiron cumprindo coas súas promesas, como continuar mellorando os servizos municipais, ofrecendo unha maior protección social aos veciños, recuperando e protexendo o patrimonio cultural… Medidas que son froito da boa xestión e que, co voto maioritarios dos veciños, será posible manter catro anos máis e continuar así traballando polo futuro de Pazos de Borbén.
Durante a presentación da candidatura, tamén interveu a número 2 da candidatura, Eloísa Nogueira, que fixo un balance polas obras feitos, o cumprimento do programa e destacou a xestión de proximidade continua cara os veciños “sempre, pero especialmente durante os duros anos da pandemia sanitaria”.
Por iso, cualificou a Pazos de Borbén como “o concellos das persoas”, e subliñou que nos últimos anos incrementouse de xeito notable o orzamento para servizos sociais. Para os catro anos próximos garantiu seguir Gobernando “con humildade, cun traballo incansable e con responsabilidade, como sempre se fixo, poñendo o foco na veciñanza e non en nós mesmos, como si fan outros”.
CANDIDATURA DO PP DE PAZOS DE BORBÉN
- ANDRÉS IGLESIAS RODRÍGUEZ
- ELOISA MARÍA NOGUEIRA GARRIDO
- CESÁREO LAGO LORENZO
- JOSÉ ÁNGEL CEREZO COSTAS
- BLANCA MARÍA MÍGUEZ MARTÍNEZ
- MARÍA DOLORES SANTORO COUÑAGO
- JOSÉ LUIS TRONCOSO AMOEDO
- OLEGARIO FONTÁN MARTÍNEZ
- EMMA PORTELA RODRÍGUEZ
- MANUEL FERREIRA SANMIGUEL
- DAVID FONTENLA BLANCO
SUPLENTES:
- MARÍA CRUCES IGLESIAS
- ÓSCAR GONZÁLEZ PÉREZ
- ÁNGEL MOURIÑO REAL
- ABEL RODRÍGUEZ VIÉITEZ
- JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ MÍGUEZ
- FERMINA CARREIRA BOUZÓN
- JOSÉ ÁNGEL GONZÁLEZ MENDUIÑA
- JUAN CARLOS VILABOA RICÓN
- SEVERINO REGUERA VARELA