HomePontevedraDezaLuis López anuncia a adxudicación por 450.000 euros das obras de reposición...

Luis López anuncia a adxudicación por 450.000 euros das obras de reposición do firme na estrada provincial EP-6101 Bidueiros – Amedo, no concello de Dozón

- Anuncio -spot_img

O presidente detallou que os traballos desenvolveranse nun tramo de algo máis de sete quilómetros da estrada, nos que se repoñerá ademais a sinalización horizontal e vertical

A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe as obras de reposición de firmes na estrada provincial EP-6101 Bidueiros-Amedo, en Dozón, cun orzamento de 450.000 euros. “Queremos salvagardar a debida prestación do servizo público viario e mellorar a seguridade viaria na totalidade da rede de estradas provinciais –explicou o presidente provincial Luis López- e, nese camiño, seguimos avanzando con actuacións como esta”.

En concreto o estado no que se atopa na actualidade esta estrada, que une Bidueiros e Amedo, en Dozón, fai necesario reparala, mediante ao saneamento e fresado da capa de rodaxe. Posteriormente, realizarase o recrecido do firme existente mediante a extensión dunha capa de rodadura.

A actuación que se acaba de adxudicar contempla tamén a reposición da sinalización horizontal e vertical, co fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e de mellorar a seguridade viaria.

Publicacións Relacionadas