Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia o reparto de 120.000 euros entre 15 clubs náuticos...

Luis López anuncia o reparto de 120.000 euros entre 15 clubs náuticos de oito concellos da contorna do Salnés e Arousa

- Anuncio -

Son 94.000 euros para oito clubs de piragüismo, 16.000 euros para tres clubs de remo e 12.000  € para catro clubs de vela, que recibirán achegas de ata 18.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou o reparto de 120.000 euros entre 15 clubs náuticos de oito concellos da contorna do Salnés e Arousa, que recibirán ata un máximo de 18.000 euros para sufragar gastos federativos, de competición e adestramento, de persoal, de material deportivo ou gastos sanitarios. “O noso compromiso co deporte tradúcese en recursos concretos para promover a práctica deportiva e para impulsar todas as modalidades, apoiando aos clubs e federacións de todas as disciplinas deportivas”, asegurou o presidente provincial.

Dos 120.000 euros aprobados, dun total de 500.000 € en toda a provincia, 94.000 euros serán para oito clubs de piragüismo doutros tantos concellos, 16.000 euros para tres clubs de remo de dous concellos e os outros 12.000 € repartiranse entre catro clubs de tres concellos na categoría de vela.

En concreto, en piragüismo na Illa de Arousa o Club Piragüismo Illa de Arousa recibe 10.924 €, en Cambados o Club Piragüismo Cambados 5.855 €, en Catoira o Club As Torres 13.468, no Grove o Club Marítimo Deportivo e Cultural Breogán 14.802 €, en Pontecesures o Club Náutico Pontecesures 17.877 €, en Ribadumia o Club Náutico O Muíño 10.478 €, en Sanxenxo o Piragüismo Portonovo 14.493 € e en Vilagarcía o Club Piragüismo Vilagarcía 6.770 €.

Pola súa banda, en remo no Grove o Amegrove Club de Remo contará con 2.085 € e o Club de Remo Mecos 11.087 €, e en Vilagarcía o Club de Remo Vilaxoán con 3.409 €. Por último, na modalidade de vela na Illa de Arousa a Asociación Papaventos Kite Club recibirá 2.232 €, en Sanxenxo o Club Náutico de Portonovo 354 € e o Real Club Náutico de Sanxenxo 8.298 €, e en Vilagarcía o Real Club de Regatas 1.311 €.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas