Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete concellos de Vigo e o sur da provincia

- Anuncio -

Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que recibirán achegas de ata 25.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete concellos de Vigo e o sur da provincia, que recibirán ata un máximo de 25.000 euros para sufragar gastos federativos, de competición e adestramento, de persoal, de material deportivo ou gastos sanitarios. “O noso compromiso co deporte tradúcese en recursos concretos para promover a práctica deportiva e para impulsar todas as modalidades, apoiando aos clubs e federacións de todas as disciplinas deportivas”, asegurou o presidente provincial.

Dos 190.000 euros aprobados, dun total de 500.000 € en toda a provincia, 73.000 euros serán para sete clubs de piragüismo de catro concellos, 67.000 euros para oito clubs de remo doutros catro concellos e os outros 47.000 € repartiranse entre catro clubs de vela de dous concellos.

En concreto, en piragüismo en Mondariz-Balneario o Club Tea recibe 4.960 €; en Tomiño o Club Deportivo Miño 5.854 €; en Tui o Club Kayak Tudense 25.000 € e o Club Piragüismo Penedo 7.254 €, e en Vigo o Bouzas Caiac contará con 1.524 €, o Club de Piragüismo Olívico 12.763 € e o Club Kayak Vigo 16.013 €. No relativo ao remo, na Guarda o Club de Remo Robaleira contará con 6.591 €, en Redondela o Círculo Cultural Recreativo de Cesantes con 5.521 € e o Club de Remo Chapela con 22.514 €; en Tui o Club de Remo de Tui con 4.270 € e o Club Remo do Miño con 8.210 €, e en Vigo o Club de Remo Coruxo con 3.246 €, o Club de Remo Virxe da Guía con 2.660 € e o Club Remo Vigo con 14.802.

Por último, na modalidade de vela, en Baiona o Monte Real Club de Yates recibe 13.803 € e en Vigo a Agrupación Deportiva Sodim contará con 784 €, o Club Marítimo de Canido con 9.689 e o Real Club Náutico de Vigo con 23.648 €.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas