Home Pontevedra Barro Luis López anuncia un investimento de 1,45 millóns de euros para a...

Luis López anuncia un investimento de 1,45 millóns de euros para a xestión da rede Smartpeme+ e as oficinas Acelera Pyme Rural durante o 2025

- Anuncio -

A través do novo contrato xestionaranse as oficinas de Barro, Lalín, Pontevedra, O Porriño, Vigo, Cambados e Ponteareas, onde se asesorará a persoas emprendedoras e se levarán a cabo diferentes actividades

A Deputación de Pontevedra adxudicou o servizo de xestión da rede Smartpeme+ e das oficinas Acelera Pyme Rural para este 2025 por 1,45 millóns de euros. Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, que destacou a “enorme capacidade emprendedora” da provincia. “E se os emprendedores apostan pola provincia, nós temos que apostar por eles, e por iso imos seguir tendendo pontes, ofertándolles servizos que nos referencian, como é o caso de SmartPeme e Acelera Pyme Rural”.

Desta maneira, a empresa adxudicataria encargarase de coordinar e xestionar as oficinas de SmartPeme+, localizadas en Barro, Lalín, Pontevedra, O Porriño e Vigo, e as oficinas Acelera Pyme Rural, que son as de Cambados e Ponteareas. Ademais, ofrecerase a ata 2.500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano asesoramento personalizado no seu proceso de transformación dixital, posta en marcha e crecemento empresarial, baseado nas novas tecnoloxías. Por último, impartiranse un máximo de 200 talleres de sensibilización e celebraranse diferentes actividades complementarias.

Nas cinco oficinas pertencentes á rede Smartpeme+ prestaránselle servizos de asesoramento TIC; así como sobre crecemento empresarial a emprendedores, autónomos e pemes da provincia, mentres que nas dúas Acelera Pyme rural, a aqueles dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Relacionadas

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan...

0
Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con...

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Publicacións Relacionadas