HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López anuncia un investimento de 500.000 euros para reparar a ponte...

Luis López anuncia un investimento de 500.000 euros para reparar a ponte sobre o río Tea, na estrada provincial EP-4401 en Mondariz e Mondariz-Balneario

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial lembrou que esta actuación foi un compromiso adquirido nunha reunión mantida co alcalde de Mondariz Pablo Barcia: “Demostramos con feitos que somos un goberno municipalista, comprometido cos concellos da provincia”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe en conferencia de prensa que a Xunta de Goberno acaba de aprobar o proxecto para as obras de reparación de danos na ponte sobre o río Tea, na estrada provincial EP-4401 Mondariz- Balneario-Fozara. Unha obra que conta cun orzamento de 494.180 euros e que se desenvolve nos termos municipais de Mondariz e Mondariz-Balneario.

O presidente provincial lembrou que esta actuación foi un compromiso adquirido nunha reunión mantida co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, na que ambos acordaron poñer en marcha estas obras na maior brevidade posible. “Demostramos con feitos e non só con palabras, que somos un goberno municipalista, comprometido cos concellos da provincia”, confirmou.

O obxectivo da intervención é reparar os danos estruturais detectados na ponte na inspección realizada polos técnicos provinciais. En concreto, aprécianse danos nos estribos de fábrica de pedra, no taboleiro de vigas de formigón e na ampliación con vigas de formigón pretensado que quedarán solucionados con este investimento de 500.000 euros da Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas