Home Pontevedra Caldas Luis López aposta polor rigor, a seriedade e o compromiso de Isabel...

Luis López aposta polor rigor, a seriedade e o compromiso de Isabel Couselo para saír do estancamento e apostar polo futuro de Cuntis

- Anuncio -

• Isabel Couselo: “somos a única alternativa capaz de poñerlle freo ás débedas e o despilfarro dos socialistas estes 4 anos e que nos levou a estar intervidos polo Estado ata 2034”.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, asegurou esta noite que o próximo domingo os veciños de Cuntis poden elixir entre dous modelos: “as débedas e os despilfarros do alcalde, con máis de un millón de euros en facturas sen pagar, moitas delas de autónomos e provedores de Cuntis, ou a rectitude, a seriedade e o rigor de Isabel Couselo, que o primeiro que fará como alcaldesa será saldar as contas dunha herdanza económica que se prevé terrible”.

Foi durante o mitin que o PP celebrou en Cuntis, no que tamén participou Fabiola García, responsable de Política Social do Goberno galego. López destacou que o 28 tamén haberá que elixir “entre a máis que improbable ampliación do polígono da Rana, xa que a Zona Franca dos socialistas prometeu 25 polígonos na provincia e dubidamos que faga ningún, e ademáis cun enorme custo para este concello, ou apostar pola proposta do PP, para que unha administración pública, sen custe para os veciños, acometa o desenvolvemento de solo empresarial de xeito rápido”.

López tamén contrapuxo que os modelos do PP e do alcalde tamén se diferencian en que Isabel aposta por un concello bonito, humanizado pero tamén funcional, e a atención a todas as parroquias rurais. En definitiva, afirmou que “o domingo hai que elixir entre o modelo do alcalde, que xa dixo publicamente que para el o máis importante de ser alcalde é que é o seu único xeito de gañarse a vida, e o de Isabel, unha muller preocupada por Cuntis e polos veciños exclusivamente”.

Durante a súa intervención, Isabel Couselo afirmou que están traballando “para darlle a Cuntis o cambio que necesita, somos a única alternativa capaz de poñerlle freo ás débedas e o despilfarro do grupo socialista destes 4 anos e que nos levou a estar intervidos polo Estado ata 2034”.

Así, comprométese a “priorizar esforzos en sanear o concello, deixar atrás o profundo estancamento dos últimos 30 anos e impulsar dunha vez por todas o crecemento económico que Cuntis tanto necesita”. Unha medida inmediata “será abrir o centro histórico, que leva 4 anos con macetas de quita e pon, sen vida, para promover o comercio e o consumo en Cuntis, sumado a políticas de apoio ó tecido asociativo”. Outra prioridade son as aldeas, “moi esquecidas estes 4 anos: é preciso conseguir maiores inversións, continuar co saneamento, resolver os problemas coas depuradoras, conformar un plan de mantemento de camiños e espazos públicos, e en definitiva, darlle uns servizos públicos de calidade e favorecer o asentamento no rural (con bonificacións para novos empadroamentos)”.

Ademais, subliñou que é fundamental axilizar o desenvolvemento do polígono da Ran, para crear emprego directo e indirecto, apostando pola máxima colaboración entre administracións. No seu programa inclúe tamén iniciativas para crear unha escola de iniciativas empresariais para mulleres, de información, asesoramento e orientación laboral, así como medidas para os maiores, coa creación da Oficina +65 para atención a trámites administrativos.

Couselo tamén explicou os problemas que hai que resolver no centro urbano, como a humanización completa da rúa do Convento, “non os remendos que se están facendo alí, e para o que estableceremos un convenio de colaboración coa administración autonómica para levar a cabo a súa rehabilitación integral”. Tamén se referiu a “outra materia pendente”, o traslado das piscinas a Campo, “despois de que o socialista Eduardo Rey impuxera o seu traslado hai moitos anos, pero que a día de hoxe seguimos cunhas instalacións totalmente inseguras e insalubles, coas que debemos acabar”.

No eido deportivo, aposta por “ir da man” de clubes, entidades, colectivos, “para aproveitar ao máximo os recursos e planificar unha maior programación”. Ademais aposta por poñer a vista no futuro Complexo multideporte das Canteiras, planificando e proxectando estas instalacións, nas que tamén se inclúan pistas cubertas e ao aire libre e que permitan unha ampla programación deportiva para tódalas idades.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas