Home Pontevedra Luis López aposta por poñer en valor o potencial e as posibilidades...

Luis López aposta por poñer en valor o potencial e as posibilidades do partido para afrontar con éxito as municipais de 2023

- Anuncio -

• Agradece o grande apoio que recibiu dos afiliados para formalizar a súa candidatura, “un xesto de respaldo inmenso para o proxecto e para o conxunto do partido”.

• Á reunión asistiron afiliados dos concellos do Condado-Paradanta.

O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, reuniuse onte pola noite na Cañiza con participantes e compromisarios dos concellos do Condado e Paradanta, dentro da campaña electoral interna de cara ao congreso provincial que se celebra o sábado 9 de xullo en Vigo. López apostou por poñer en valor todo o potencial e as posibilidades do partido para afrontar con éxito o reto máis inmediato, as eleccións municipais do ano próximo. Así, durante a súa intervención, destacou que “temos bos candidatos e proxectos consolidados”, e puxo como exemplos as alcaldías de Crecente, Salvaterra de Miño, Arbo, Covelo ou Mondariz Balneario. “Somos o partido da estabilidade, da sensatez e da xestión. O que busca o apoio maioritario para conseguir gobernos sólidos e estables”, defendeu.

Ademais de reforzar o partido nos 61 concellos coa mirada postas nas municipais do ano próximo, nos que pretenden mellorar resultados e afianzar alcaldías, os outros dous obxectivos que marca o candidato son contribuír desde a provincia ao cambio necesario en España con Alberto Núñez Feijóo e revalidar a quinta maioría absoluta en Galicia con Alfonso Rueda.

López ofreceu “traballo intenso por toda a provincia e unidade sen fisuras”. Apuntou que “o reto é seguir mantendo a unidade dun partido forte, que garante estabilidade onde goberna e no que confiar para xestionar os momentos complicados e nas peores situacións. Un partido serio, estable, moderado e responsable”. Destacou que “somos o partido da xente”, e por iso aposta por un PP de Pontevedra “que siga pegado ás necesidades da provincia, qeu estea a pé de rúa, xunto á cidadanía. Escoitando e atendendo as súas inquedanzas, entendendo cales son as súas preocupacións e necesidades para presentar proxectos fortes e reais en cada concello”.

Por último, agradeceu o “grande apoio” que recibiu dos afiliados da provincia, que lle permitiu entregar 2.363 sinaturas para formalizar a súa candidatura a presidente provincial. “Un xesto de respaldo inmenso para o proxecto e para o conxunto do partido”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas