HomeVigoFornelos de MontesLuis López asegura que Antía Rodríguez e o PP son a esperanza...

Luis López asegura que Antía Rodríguez e o PP son a esperanza e o futuro para Fornelos de Montes

- Anuncio -spot_img

• Antía Rodríguez: “Acompáñame un equipo de mozos e mozas comprometidos, formados, con ilusión e que comparten as ganas de traballar por e para este concello. Queremos ter unha oportunidade para aportar novas ideas e facer, entre todos, un Fornelos de Montes máis vivo”.

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, destacou hoxe que Antía Rodríguez e toda a candidatura do PP son a esperanza e o futuro para Fornelos de Montes. “O futuro deste concello para por nós, e por iso creo que debemos comezar a construílo desde o domingo”, sinalou durante o mitin que os populares celebraron esta tarde.

López asegurou que o obxectivo “é que o futuro chegue canto antes a Fornelos”, e por iso destacou “unha candidatura formada por xente nova, que se amosa preocupada e comprometida polo indiscutible rumbo descendente que leva nas últimas décadas”. Nesta liña, criticou que Fornelos “leva décadas dirixido con malas maneiras, mala xestión e, o peor de todo, pensando que o concello é dunha soa persoa e non dos seus case 1.700 veciños”.

Antía Rodríguez subliñou que o domingo os veciños teñen a oportunidade de decidir que proxecto e que equipos queren para construír o futuro de Fornelos, e por iso pediu que confíen nunha candidatura nova, que está convencida de que outro concello é posible. “Acompáñame un equipo de mozos e mozas comprometidos, formados, con ilusión, e que comparten as ganas de traballar por e para este concello. Queremos ter unha oportunidade para aportar novas ideas e facer, entre todos, un Fornelos de Montes máis vivo”, destacou.

Afirmou que seu programa céntrase nas persoas, no servizo á cidadanía, e na posta en marcha de todas aquelas iniciativas e proxectos que entenden son básicos e importantes para garantir o benestar e mellorar da calidade de vida de todos, sen excepción. Así, entre outras propostas, inclúen a cubrición móbil da piscina municipal, para que poida utilizarse durante todo o ano; converter as casas das escolas nun Centro de Día para os maiores; achegar o saneamento e a fibra óptica a todos os fogares; humanizacións; transporte para comunicar as parroquias; reforzar o servizo de axuda no fogar; recuperar a praia fluvial; aposta polo deporte, o sendeirismo, etc.

Publicacións Relacionadas